Roger William Corman, nado en Detroit (Míchigan) o 5 de abril de 1926 e finado o 9 de maio de 2024 foi un produtor e director de cinema de culto estadounidense, coñecido polos seus numerosos filmes de pouco orzamento. Baixo a súa dirección comezaron no cinema moitos directores recoñecidos.

Traxectoria A súa carreira comezou con westerns como Five Guns West, co que debutou como director en 1955 ou Apache Woman, mentres que os seus primeiros pasos no cinema de terror e na ciencia ficción deunos con Swamp Women e Day the World Ended. Entre os seus filmes máis coñecidos destacan os baseados en contos de Edgar Allan Poe producidos pola American International Pictures (A.I.P.), incluíndo A caída da casa Usher (1960), O pozo e o péndulo (1961), O corvo (1963) e A máscara da morte vermella (1964). Na meirande parte destes filmes o protagonista era o actor Vincent Price e algúns papeis secundarios foron interpretados por actores novos e entón descoñecidos, como Jack Nicholson ou na decadencia da súa popularidade, como Boris Karloff. Calcúlase que produciu máis de trescentos filmes, dirixindo preto de cincuenta deles.

Un dos seus filmes, Not of This Earth (1957), reúne vampirismo e invasión alieníxena. Trinta anos despois produciu ao seu fan Jim Wynorski unha nova versión do mesmo, protagonizado pola ex-estrela do cinema pornográfico Traci Lords.

Entre os directores que traballaron con Corman no inicio das súa carreiras están Francis Ford Coppola, Martin Scorsese, Ron Howard, Peter Bogdanovich, Jonathan Demme, James Cameron e John Sayles. Moitos recoñecen que Corman lles influíu fondamente no seu xeito de facer cinema. Actores como Jack Nicholson, Peter Fonda, Bruce Dern, Dennis Hopper e Robert De Niro tamén comezaron traballando con Corman.

A súa autobiografía, publicada en 1990, titúlase How I Made a Hundred Movies in Hollywood and Never Lost a Dime (“Como realicei un cento de filmes en Hollywood e nunca perdín un centavo”) e documenta a súa experiencia na industria cinematográfica.

Corman faleceu na súa casa de Santa Monica o 9 de maio de 2024 con 98 anos de idade

Filmografía + Filme Ano Título Contribución Notas1954 Monster from the Ocean Floor ProdutorActor ("Tommy") (sen acreditar) Dirixido por Wyott Ordung 1955 Swamp Women Director 1955 Five Guns West DirectorPresentadorIMDb 1955 The Beast with a Million Eyes Director (sen acreditar) Dirixido por David Kramarsky 1955 Apache Woman Director 1955 Day the World Ended Director 1955 The Fast and the Furious ProdutorStunt driver (sen acreditar)Actor ("Roadblock State Trooper") (sen acreditar) Dirixido por John Ireland 1956 The Oklahoma Woman Director 1956 Gunslinger DirectorPresentador 1956 It Conquered the World Director 1957 Naked Paradise Director Actor ("Office Worker") 1957 Carnival Rock Director 1957 Not of This Earth Director 1957 Attack of the Crab Monsters Director 1957 The Undead Director 1957 Rock All Night Director 1957 Teenage Doll Director 1957 Sorority Girl Director 1957 The Saga of the Viking Women and Their Voyage to the Waters of the Great Sea Serpent Director 1958 I, Mobster Director 1958 War of the Satellites DirectorActor ("Ground Control") 1958 Machine-Gun Kelly Director 1958 Hot Car Girl Actor ("Cop Who Finds Note") (sen acreditar) 1958 Teenage Cave Man Director 1958 The Cry Baby Killer Actor ("Joe - TV Truck Man") (sen acreditar) 1958 She Gods of Shark Reef Director 1959 Un caldeiro de sangue Director 1960 Ski Troop Attack DirectorActor ("German Soldier Entering Cabin") (sen acreditar) 1960 Battle of Blood Island Actor ("Soldier on Hilltop") (sen acreditar) 1960 The Wasp Woman DirectorActor ("Doctor in the Hospital") (sen acreditar) 1960 A caída da casa Usher Director 1960 The Little Shop of Horrors Director 1960 Last Woman on Earth Director 1961 Atlas DirectorActor ("Greek Soldier") (sen acreditar) 1961 Creature from the Haunted Sea DirectorBoom operator (sen acreditar) 1961 O pozo e o péndulo Director 1962 A teima Director 1962 The Intruder Director 1962 Historias de terror Director 1962 Tower of London Director 1963 The Young Racers Director 1963 O corvo Director 1963 The Terror Director 1963 O pazo encantado Director 1963 O home cos raios X nos ollos Director 1963 Dementia 13 Produtor Dirixido por Francis Ford Coppola1964 A máscara da morte vermella Director 1964 The Secret Invasion Director 1964 A tumba de Ligeia Director 1965 Voyage to the Prehistoric Planet Produtor Dirixido por Curtis Harrington 1966 Os anxos do inferno Director 1966 Blood Bath ProdutorActor ("Antonio Sordi") (sen acreditar) Dirixido por Jack Hill e Stephanie Rothman 1967 A cabalgada dos malditos Director (sen acreditar) Dirixido por Phil Karlson 1967 The St. Valentine's Day Massacre Director 1967 The Trip Director 1968 Targets Produtor Dirixido por Peter Bogdanovich 1968 The Wild Racers Director (sen acreditar) Dirixido por Daniel Haller 1969 De Sade Director (sen acreditar) Dirixido por Cy Endfield 1969 Target: Harry Director (como Henry Neill) 1970 Bloody Mama Director 1970 The Dunwich Horror Produtor Dirixido por Daniel Haller 1971 Gas-s-s-s Director 1971 O Barón Vermello Director 1972 Boxcar Bertha Produtor Dirixido por Martin Scorsese 1973 Sweet Kill Produtor Dirixido por Curtis Hanson 1974 Calor entre reixas Produtor Dirixido por Jonathan Demme 1974 Cockfighter Produtor Dirixido por Monte Hellman 1974 O padriño (II parte) Actor ("Senator #2") (sen acreditar) Dirixido por Francis Ford Coppola 1975 Death Race 2000 Produtor Dirixido por Paul Bartel 1976 Cannonball! Actor ("District Attorney") Dirixido por Paul Bartel 1976 Fighting Mad Produtor Dirixido por Jonathan Demme 1976 Eat My Dust Presentador Dirixido por Charles B. Griffith, protagonizado por Ron Howard

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Corman, Roger & Jim Jerome, How I Made a Hundred Movies in Hollywood and Never lost a Dime, Muller, 1990 Ligazóns externas Entrevista a Roger Corman Biografía en (re)Search my Trash Roger Corman en Senses of Cinema Entrevista en The Bat Segundo Show Páxina web de New Horizons

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Detroit Categoría:Nados en 1926 Categoría:Óscar honorífico Categoría:Finados en 2024