Rogelio Núñez de Couto, nado en Tenorio (Cotobade) cara a 1864 e finado en Ourense o 4 de marzo de 1937, foi un profesor e político galego.
Traxectoria Sobriño de Manuel Ángel Couto e irmán de Joaquín Núñez de Couto. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca (1899).Diario de Pontevedra, 31-9-1899, p. 2. Foi nomeado oficial da Sección de Instrución Pública da provincia de Ourense en 1902.La Correspondencia Gallega, 4-12-1902, p. 2. Creou co seu irmán Joaquín o colexio León XIII de Ourense e despois de Vilagarcía. Foi profesor axudante e logo auxiliar de letras do Instituto de Ourense (1904) e logo catedrático do mesmo instituto. Dirixiu o Boletin del Magisterio de Ourense. Militante do Partido Liberal, foi alcalde de Ourense de 1922 a 1923. Logo da proclamación da Segunda República xunto con outros antigos militantes liberais, ingresou no Partido Republicano a finais de abril de 1931.El Progreso, 24-4-1931, p. 1. Logo militou no Partido Radical, foi nomeado concelleiro polo gobernador civil en novembro de 1935,El Pueblo gallego, 12-11-1935, p. 15. e volveu ser nomeado alcalde de Ourense en xaneiro de 1936. Finou en Ourense o 4 de marzo de 1937 con 72 anos.La Región, 5-3-1937, p. 2.Diario de Pontevedra, 6-3-1937, p. 2.
Obras Nociones de Derecho, 1912. Vida persoal Casou en primeiras nupcias con Eduarda Búa, e foi pai de Xosé e de Manuel Núñez Búa. Casou en segundas nupcias con Trinidad Frutos Fernández.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Alcaldes de Ourense
Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República
Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos