O planeta dos simios (en ) é un filme dirixido por Franklin J. Schaffner que se estreou en 1968. Baséase na novela O planeta dos simios de Pierre Boulle.

Sinopse Unha nave espacial procedente da Terra realiza unha aterraxe forzosa nun planeta descoñecido. Os astronautas, ó mando de Taylor (Charlton Heston) inspeccionan os arredores e descobren que neste planeta os seres intelixentes son uns simios que comparten características físicas cos chimpancés (civís), gorilas (militares) e orangutáns (relixiosos e políticos) da Terra, pero que desenvolveron unha civilización e unha linguaxe (intelixíbel por Taylor). Os humanos deste mundo, en troques, teñen facultades moi pouco desenvolvidas, son incapaces de falar e son tratados coma gando polos simios. Taylor é apreixado, sufrindo unha lesión na gorxa que lle impide falar, e os simios lévano á súa aldea xunto con outros humanos cazados na mesma batida. miniatura|A escena final foi rodada nunha praia entre Malibú e Oxnard en California. Na aldea, os científicos estúdano detidamente. Co tempo, Taylor gaña a confianza de dous mozos chimpancés e finalmente consegue fuxir. Na súa fuxida avanza ó longo da costa, ata que fai un achado que o deixa impresionado.

Personaxes

Charlton Heston como George Taylor Roddy McDowall como Cornelius Kim Hunter como Zira Maurice Evans como Dr. Zaius James Whitmore como Presidente da Asemblea James Daly como Honorious Linda Harrison como Nova Robert Gunner como Landon Lou Wagner como Lucius Woodrow Parfrey como Maximus Jeff Burton como Dodge Buck Kartalian como Julius Norman Burton como Hunt Leader Wright King como Dr. Galen Paul Lambert como Ministro Dianne Stanley como Stewart

Repercusión O éxito desta longametraxe levou á produción de varias secuelas e precuelas, unha serie de televisión e outra de banda deseñada nos anos sesenta e setenta.

O planeta dos simios foi continuado por catro secuelas: Beneath the Planet of the Apes (1970) Escape from the Planet of the Apes (1971) Conquest of the Planet of the Apes (1972) Battle for the Planet of the Apes (1973)

e dúas serie de televisión: Planet of the Apes (1974) Return to the Planet of the Apes (animación) (1975)

(A pesar da confusión con "battle" por "conquista" na quinta película da saga, que corresponde ó "conquest" da cuarta en inglés, esta foi a tradución que no seu momento se fixo dos títulos das películas en castelán)

Remakes: Planet of the Apes (2001) dirixido por Tim Burton cun desenvolvemento similar, pero cun final algo diferente. Rise of the Planet of the Apes (2011) dirixido por Rupert Wyatt. Dawn of the Planet of the Apes (2014) War for the Planet of the Apes (2017)

Candidaturas ós Óscars A película foi candidata ós premios da Academia de Cinema dos Estados Unidos nas categorías de Mellor Banda Sonora e Mellor Vestiario. Gañou un premio honorífico pola calidade da maquillaxe (no 1969 non existía esta categoría nos premios Óscar). A maquillaxe supuxera o 17% do total dos orzamentos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1968 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Franklin J. Schaffner Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Utah Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes sobre supervivencia Categoría:Filmes sobre primates Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1968 con versión en galego