Santa María do Deveso é unha parroquia do norte do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2019 tiña 14 habitantes (10 homes e 4 mulleres) distribuídos en 21 entidades de poboación. En 2014 tiña 19 habitantes.
Xeografía O Deveso é unha das parroquias máis montañosa das Pontes, con alturas como as Penas da Noite (664 m.) e o monte das Cabandelas (555 m.). Hai regatos como os da Picheira, Borrallas, As Cancelas, Soutochao e Os Carrís, que desembocan no río Mera.
Patrimonio Igrexa de Santa María do Deveso construída en 1700 sobre outra máis antiga. Capela de Santo Antonio.
Lugares e parroquias Lugares do Deveso
Parroquias das Pontes de García Rodríguez
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares das Pontes de García Rodríguez
Categoría:Parroquias das Pontes de García Rodríguez Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María