San Martiño de Goente é unha parroquia que se localiza no sur do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2019 tiña 191 habitantes (99 mulleres e 92 homes), unha diminución con respecto a 2014 cando contaba con 206 habitantes. Ten 25 entidades de poboación.

Historia Esta parroquia segregouse do concello da Capela xunto coas de Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, que pasaron a integrarse no concello das Pontes de García Rodríguez en xullo de 1982.

Lugares e parroquias Lugares de Goente

Parroquias das Pontes de García Rodríguez

Notas

Véxase tamén Outros artigos A Casa do Mel Lugares das Pontes de García Rodríguez

Categoría:Parroquias das Pontes de García Rodríguez Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño