Santa María de Vilavella é unha parroquia que se localiza no sur do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2019 tiña 167 habitantes (87 homes e 80 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2014 cando tiña 179 habitantes.
Patrimonio Igrexa de Santa María de Vilavella. De planta rectangular dunha soa nave, con ábsida rectangular e pórtico cuberto soportado por dous piares no lateral esquerdo. Da edificación orixinaria do século XIII só se conserva parte do lateral esquerdo. Ten retablo maior barroco.
Lugares e parroquias Lugares de Vilavella
Parroquias das Pontes de García Rodríguez
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares das Pontes de García Rodríguez
Categoría:Parroquias das Pontes de García Rodríguez Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María