San Martiño de Miñortos é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2022) ten 455 habitantes (232 homes e 223 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación.
Demografía Evolución da poboación
Historia No Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (1826–1829) de Sebastián Miñano, cítase:
Así, ata 1833 era unha das 25 freguesías que formaban parte da xurisdición de Noia, na antiga provincia de Santiago, unha das sete nas que estaba dividida Galicia.
No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (1846–1850) de Pascual Madoz, indícase:
miniatura|Interior da igrexa parroquial. Patrimonio miniatura|Casa reitoral. Arquitectura relixiosa
A igrexa parroquial ten a planta case de cruz grega, co brazo transversal lixeiramente máis curto. As naves levan bóveda de canón apoiadas directamente nos muros, nos que alternan a cantería e a cachotería. No cruceiro a cúpula é semiesférica sobre pendentes. No lateral do presbiterio está a sancristía de altura inferior ao resto do templo.
Na súa fachada principal incorporóuselle unha torre campanario de proporcións moi robustas, potenciadas polos machóns do corpo das campás e por cantería ben trazada que ten a decoración nas cornixas, nas pilastras do corpo inferior e nos pináculos do corpo de remate. A entrada ao templo faise a través do corpo de apoio da torre. Dous fortes piares unidos entre si e á fachada por arcos de medio punto conforman o espazo cuberto no adro da igrexa.
A casa reitoral que acompaña a igrexa é un inmoble de planta poligonal cun aspecto sólido e de gran calidade, ao usar pedra de cantaría. Actualmente atópase deshabitada e o seu estado de conservación é regular. Nas súas proximidades conta cun hórreo (datado de 1890, en mal estado de consevación) e un pombal de planta circular. miniatura|Ermida dos Desamparados A ermida dos Desamparados, coñecida tamén como capela das Pardiñas, é unha ermida baixo a advocación da Virxe dos Desamparados, construída en 1848. Está formada por unha soa nave, coa sancristía anexa a carón do presbiterio. A fachada vai enmarcada por dúas pilastras que rematan en pináculos, un frontón que parte para colocar a plataforma sobre a que vai a espadana, cun só arco que remata tamén en pináculos. Sobre a porta leva unha fiestra.
O topónimo Pardiñas, documentado desde 1183, refírese á situación da capela nun souto ou devesa, un terreo acoutado.
Cruceiros miniatura|180px|Cruceiro do Igrexario Na parroquia hai contabilizados 5 cruceiros: Cruceiro do Igrexario, ao carón da igrexa parroquial. Cruceiro de Bruno, no lugar da Amoreira (datado de 1991), de propiedade privada. Cruceiro da Amoreira, de propiedade privada. Cruceiro de Boiro, de propiedade privada. Cruceiro das Pardiñas, nas proximidades da capela.
Arquitectura civil É común a existencia de hórreos, fontes, pombais (pombal do Pazo e pombal de González), reloxos de sol, e varios muíños ao longo do rego Ornanda (muíño da Ponte do Río e muíños do Crego e da Braña). Nas proximidades do muíño da Ponte do Río, no lugar denominado Pontella do Souto, atópase unha pequena ponte construída en pedra que, polas súas características construtivas, podería datar entre os séculos XVIII e XIX.
Ao carón da praia da Gafa atópanse os restos dunha antiga fábrica de salgadura.
Outros En Miñortos está situado o Castro de Miñortos (ou Monte do Castro), nun monte privado, en mal estado de conservación. Igualmente, na ladeira do monte San Lois (entre os concellos do Porto do Son e Noia) atópanse os restos do Castro de San Lois, neste caso en moi mal estado de conservación. A parroquia conta tamén co petróglifo da Picota, no monte da Gafa. Neste último lugar atópanse tamén dúas mámoas, denominadas "I" e "II" do Agro da Cova, ambas en mal estado de conservación.
Festividades 2º domingo de xullo: Virxe dos Desamparados, festas das Pardiñas. 11 de novembro: San Martiño, patrón parroquial.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Miñortos
Parroquias do Porto do Son
Notas
Véxase tamén Outros artigos Casa da cultura de Miñortos Praia da Gafa Praia Ornanda Lugares do Porto do Son
Categoría:Parroquias do Porto do Son Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño