Santa María de Isorna é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 666 habitantes (320 homes e 346 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 795 habitantes .
Historia O 12 de xuño de 1906 tivo lugar o naufraxio de Quintáns, fronte ao cabo dese nome. Ás 4 da mañá naufragou unha gamela na que ían cinco mulleres e mais o patrón da embarcación. No suceso morreron as mulleres, unha delas unha nena de once anos que acompañaba á súa nai. O patrón conseguiu salvarse.
Lugares e parroquias Lugares de Isorna
Parroquias de Rianxo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rianxo
Categoría:Parroquias de Rianxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María