Santa Comba de Rianxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 4.856 habitantes (2.418 homes e 2.438 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que representa un aumento en relación ao ano 2004 (cando tiña 4.374 habitantes) e ao ano 1999 (cando tiña 4.251 habitantes).
Esta parroquia e mais a de Leiro, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado Aspectos dubidosos de carácter gramatical e léxico da lingua galega, 32 . Realmente, a fonte cita erroneamente a parroquia de Santa Marta de Leiro, por Santa María de Leiro..
Festas As festas patronais celébranse no mes de setembro, na honra á Virxe de Guadalupe; é unha romaría de moita sona en toda a comunidade.
Rianxo na literatura popular Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño Refírese a unha capela dedicada a este santo, nuns cons de Rianxo. Rianxiño é un lugar da parroquia de Santa Comba de Rianxo. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Rianxo
Parroquias de Rianxo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rianxo
Categoría:Parroquias de Rianxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Comba