alt=Igrexa de Santa María de Leiro.|miniatura|Igrexa de Santa María de Leiro. Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 953 habitantes (482 mulleres e 471 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.

Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugadoAspectos dubidosos de carácter gramatical e léxico da lingua galega,p. 32 . Realmente, a fonte cita erroneamente a parroquia de Santa Marta de Leiro, por Santa María de Leiro..

Patrimonio Pazo de Brión: pazo barroco compostelán da familia Torrado, construído en 1310 e reconstruído en 1610. Sufriu unha nova remodelación en 1786.

Leiro na cultura popular galega Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en AbanqueiroExemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 162..

Festas As festas de Leiro na honra á Virxe do Carme celébranse a segunda fin de semana de outubro.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Leiro

Parroquias de Rianxo

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Rianxo

Categoría:Parroquias de Rianxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María