Santa María de Asados é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.423 habitantes (681 homes e 742 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación (aldeas). A poboación sofre un progresivo descenso, desde os 1.698 habitantes do ano 1999 e 1.554 habitantes do ano 2004.

Historia No lugar da Mámoa naceu o padre franciscano Frei Luís Iglesias González (8 de maio de 1767 - Madrid, 1835), confesor da Raíña e catedrático da Universidade de Santiago.

Nesta parroquia viviu e morreu, de tuberculose, o poeta Manuel Antonio (28 de xaneiro de 1930).

Patrimonio Na parroquia de Asados atópase unha necrópole megalítica composta por máis de 20 túmulos. Atopáronse nela diferentes restos de interese: machadas de pedra puída, puntas de frecha de sílex e distintas pezas de cerámica.

Tamén existen varios xacementos con petróglifos. Entre eles, o das Barras, no alto do Pelotiño, con oito estacións nas que se poden observar círculos, cazoletas e figuras cuadriculadas.

Asados na cultura popular galega A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros A Atalaia é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo). Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: Atalaya, non-a.. En Somoza nace o sol,/ na Marquesa nace a lúa,/ na aldea da Atalaia/ nace a estrela da fortuna Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Atalaya. Somoza, A Marquesa e A Atalaia son tres lugares da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo)..

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Asados

Parroquias de Rianxo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rianxo Club Deportivo Unión de Asados

Bibliografía (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, pp. 153–204. Ligazóns externas

Categoría:Parroquias de Rianxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María