Gustavo Alfonso Ayón Aguirre, nado o 1 de abril de 1985 en Tepic, Nayarit, é un ex xogador profesional de baloncesto mexicano. Cunha estatura de 2,08 metros xogaba nas posicións de pivote e ala-pivote.

Traxectoria Ayón pasou os seus tres primeiros anos coma profesional xogando en México, antes de asinar co Baloncesto Fuenlabrada da Liga ACB. Tras unha pequena etapa en Venezuela, Ayón regresou a España para xogar no CB Illescas e no Tenerife CB, ademais de pasar unha segunda etapa en Fuenlabrada.

En decembro de 2011, Ayón asinou un contrato de tres anos cos New Orleans Hornets da National Basketball Association (NBA).

O 11 de xullo de 2012, Ayón foi traspasado ós Orlando Magic a cambio de Ryan Anderson.

O 21 de febreiro de 2013, Ayón foi traspasado ós Milwaukee Bucks xunto a Ish Smith e J. J. Redick, a cambio de Beno Udrih, Doron Lamb e Tobias Harris. O 25 de xullo de 2013 foi cortado polos Bucks.

O 29 de xullo de 2013, asinou cos Atlanta Hawks.

O 23 de setembro de 2014, Ayón asinou un contrato de dous anos co Real Madrid. O 14 de xullo de 2016, renovou o seu contrato co Real Madrid por tres tempadas máis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados no estado de Nayarit Categoría:Xogadores de baloncesto de México Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Tenerife CB Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do BC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores dos Capitanes de Arecibo