Bend It Like Beckham é un filme dirixido por Gurinder Chadha que se estreou no 2002. Está protagonizado por Parminder Nagra, Keira Knightley, Jonathan Rhys Meyers, Anupam Kher, Shaznay Lewis e Archie Panjabi. O título do filme fai referencia ó xogador de fútbol David Beckham e á súa habilidade de marcar nos tiros de falta "dobrando" o balón sobre a barreira de defensa.

O filme conta a historia dunha moza de dezaoito anos de orixe panxabí en Londres. É unha apaixonada do fútbol pero os seus pais prohíbenlle xogar porque é unha rapaza.

Sinopse Os pais de Jess (Parminder Nagra) queren que sexa unha convencional rapaza india, pero ela só desexa xogar ó fútbol como David Beckham, a estrela do Manchester United. Un día, Jules (Keira Knightley), unha rapaza da súa idade, convídaa a unirse ó equipo feminino local. Os seus pais non entenden porqué xoga ó fútbol no canto de estudar Dereito. Ademais, a Jules e a Jess gústalles o mesmo rapaz, o seu adestrador Joe (Jonathan Rhys Meyers).

Personaxes Parminder Nagra como Jesminder Kaur "Jess" Bhamra Keira Knightley como Juliette "Jules" Paxton Archie Panjabi como "Pinky" Bhamra Jonathan Rhys Meyers como Joe Shaznay Lewis como Marlena "Mel" Goines Anupam Kher como Mohaan Singh Bhamra Shaheen Khan como Mrs. Bhamra Juliet Stevenson como Paula Paxton Frank Harper como Alan Paxton Ameet Chana como Tony Kulvinder Ghir como Teetu Pooja Shah como Meena Preeya Kalidas como Monica Trey Farley como Taz Saraj Chaudhry como Sonny Paven Virk como Bubbly Nithin Sathya como Waiter Emma Daly como Xogadora do equipo

Galardóns e nomeamentos 2002: Nomeadao ós Premios BAFTA: Mellor filme británico.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes en lingua panxabí Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gurinder Chadha Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes independentes do Reino Unido Categoría:Filmes sobre inmigración Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América