Cowboy Junkies é unha banda canadense de country alternativo/blues/folk rock. O grupo formárono en Toronto en 1985 Margo Timmins (vocalista), Michael Timmins (compositor e guitarrista), Peter Timmins (batería) e Alan Anton (baixista).
As súas primeiras actuacións públicas foron en clubs de Toronto, como a Beverley Tavern ou The Rivoli. O seu álbum de estrea, editado en 1986 e producido por Peter Moore, foi o bluseiro Whites Off Earth Now!!, gravado usando un micrófono ambisónico no garaxe da familia.
A fama da banda aumentou co seu segundo álbum, The Trinity Session, gravado en 1987 na igrexa da Sagrada Trindade de Toronto. O seu son, outra vez usando micrófonos ambisónicos, e a súa mestura de blues, country, folk, rock e jazz valeulles a atención da crítica e un seguimento de culto. The Los Angeles Times falou da gravación como un dos dez mellores álbums de 1988.
A banda foi nomeada ao premio de Grupo do Ano nos Juno Awards en 1990 e 1991. O grupo continuou xirando por Norteamérica, Europa, Xapón e Australia, con grandes xiras nos continentes norteamericano e europeo tras os seus álbums de 2002 e 2004. En 2007 publicaron Trinity Revisited para celebrar o 20 aniversario da gravación orixinal de The Trinity Session.
Discografía Álbum Ano Selo Whites Off Earth Now!! 1986 Latent Recordings The Trinity Session 1988 Latent Recordings, RCA Records The Caution Horses 1990 RCA Records Black Eyed Man 1992 RCA Records Pale Sun Crescent Moon 1993 RCA Records, BMG Lay It Down 1996 Geffen Records Miles from Our Home 1998 Geffen Records Open 2001 Latent Recordings, Zoë Records One Soul Now 2004 Latent Recordings, Zoë Records Early 21st Century Blues 2005 Latent Recordings, Zoë Records, Cooking Vinyl At the End of Paths Taken 2007 Latent Recordings, Zoë Records Trinity Revisited 2007 Cooking Vinyl Nomad Series, Vol.1 Renmin Park 2010 Latent, Razor & Tie, Diverse Records Nomad Series, Vol.2 Demons 2011 Latent, Razor & Tie, Diverse Records Nomad Series, Vol.3 Sing in My Meadow 2011 Latent, Diverse Records Nomad Series, Vol.4 The Wilderness 2012 Latent, Razor & Tie, Diverse Records All That Reckoning 2018 Latent, Proper Records Ghosts 2020 Latent Songs of the Recollection 2022 Latent Such Ferocious Beauty 2023 Latent
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Toronto Categoría:Grupos musicais de Americana Categoría:Grupos musicais de country alternativo Categoría:Grupos musicais de country rock Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de blues rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 1986