Ae Canadian-American Hockey League, popularmente coñecida como Can-Am League,foi unha liga profesional menor de hóckey sobre xeo de América do Norte que se disputou entre 1926 e 1936. Foi unha antecesora directa da American Hockey League (AHL).

Durante os seus dez primeiros anos, o número de equipos que conformaron a Can-Am variou entre os cinco e os seis equipos. Cando Boston abandonou despois da tempada 1935–36 a liga quedou reducida a catro equipos (Philadelphia, Providence, Springfield e New Haven), con todo, a CAHL uniuse con outros catro equipos da International Hockey League (Syracuse, Buffalo, Pittsburgh e Cleveland) e operaron como un novo pero temporal "sistema de mutua convivencia" chamada "International-American Hockey League." Deste xeito as dúas ligas xogáronse xuntas durante os dous anos seguintes cos equipos da Can-Am xogando na Conferencia Leste, e os da IHL na Conferencia Oeste, a pesar de que Buffalo tivo que abandonar a competición a principios da tempada 1936–37 cando o teito do seu pavillón caeu a causa dunha tormenta de neve.

Nunha reunión celebrada en Nova York o 28 de xuño de 1938, as dúas ligas uníronse formalmente nunha competición inificada de oito equipos que se denominou I-AHL coa incorporación do daquela tres veces campión da EAHL Hershey Bears, ao que lle concederon un posto na I-AHL para substituír o desaparecido equipo de Buffalo ."HERSHEY IN HOCKEY LEAGUE Admitted to Circuit as American-International Loops Unite" The Philadelphia RECORD, June 29, 1938 A liga cambiou o seu nome polo actuald de AHL en 1940.

As franquías actuais da AHL teñen raíces na antiga Can-Am. O Hartford Wolf Pack descende dos Providence Reds, que se trasladaron a Binghamton (Nova York en 1977, antes de trasladarse a Hartford en 1997. Os Utica Comets descenden dos antigos Springfield Indians, que se trasladaron a Worcester (Massachusetts) en 1994 antes de reubicarse en Peoria en 2005, e a Utica en 2013.

Equipos Boston Tigers (chamados Tigers entre 1926 e 1931, e en 1935, Cubs dende 1931 a 1933, Tiger Cubs en 1933–34, e Bruin Cubs dende 1934 a 1936) Bronx Tigers (1931–32) New Haven Eagles (1926–27 a 1935–36; uniuse á IAHL) Newark Bulldogs (1928–29) Philadelphia Arrows (1927–28 a 1934–35) Philadelphia Ramblers (1935–36; uniuse á IAHL) Quebec Castors (1926–27 a 1927–28; 1932–33 a 1934–35) Providence Reds (1926–27 a 1935–36; uniuse á IAHL) Springfield Indians (1926–27 a 1932–33; 1935–36; uniuse á IAHL)

Campións O trofeo de campión era coñecido como Henri Fontaine Trophy.

Tempada Nº de equipos Liga regular Play-offs Resultado 1935–36 5 Philadelphia Ramblers Philadelphia Ramblers 9-5 (goles totais) 1934–35 6 Boston Bruin Cubs Boston Bruin Cubs 22-14 (goles totais) 1933–34 6 Providence Reds Providence Reds 11-3 (goles totais) 1932–33 5 Philadelphia Arrows Boston Cubs 3-0 1931–32 5 Providence Reds Providence Reds 3-2 1930–31 6 Springfield Indians Springfield Indians 3-0 1929–30 6 Providence Reds Providence Reds 3-2 1928–29 5 Boston Tigers Boston Tigers 3-0 1927–28 5 Springfield Indians Springfield Indians 3-0 1926–27 5 New Haven Eagles Springfield Indians 3-1

Notas

Categoría:Competicións extintas de hóckey sobre xeo