Hella é unha banda estadounidense de noise rock procedente de Sacramento (Estados Unidos). Os seus principais membros son o guitarrista Spencer Seim e o batería Zach Hill. En 2005 ampliaron o grupo para tocar ao vivo co vocalista, guitarrista e teclista Dan Elkan, e o baixista Jonathan Hischke para a súa xira Church Gone Wild/Chirpin' Hard. En 2006 reformáronse pasando a ter unha formación de cinco membros composta por Seim, Hill, Carson McWhirter (de The Advantage), Aaron Ross & Josh Hill. En 2009 a banda volvería a estar composta unicamente polos seus membros principais, Hill e Seim.
Discografía Álbum Ano Selo Hold Your Horse Is 2002 5 Rue Christine The Devil Isn't Red 2004 5 Rue Christine Church Gone Wild/Chirpin' Hard 2005 Suicide Squeeze There's No 666 in Outer Space 2007 Ipecac Recordings Tripper 2011 Sargent House
Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp da banda
Categoría:Grupos musicais de Sacramento Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais formados en 2001