Péter Erdő, nado o 25 de xuño de 1952 en Budapest, é un cardeal da Igrexa Católica, arcebispo metropolitano de Esztergom-Budapest dende 2002. Traxectoria Péter Erdő naceu o 25 de xuño de 1952 en Budapest, o primeiro dos seis fillos nunha familia de intelectuais católicos.
O 18 de xuño de 1975 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Esztergom polo bispo László Lékai, entón administrador apostólico de Veszprém. Entre 1975 e 1977 traballou nunha parroquia de Dorog.
En 1976 obtivo o doutoramento en Teoloxía, e entre 1977 e 1980 estudou na Pontificia Universidade Lateranense, conseguindo o doutoramento en Dereito Canónico en 1980. Posteriormente, até 1986, ensinou Teoloxía en Esztergom, e entre 1986 e 2002 foi profesor na Pontificia Universidade Gregoriana, compaxinando este traballo co de profesor na Universidade Católica Péter Pázmány, da que posteriormente foi reitor.
O 5 de novembro de 1999 foi nomeado bispo auxiliar de Székesfehérvár e bispo titular de Puppi. Recibiu a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 2000 na Basílica de San Pedro, de mans do papa Xoán Paulo II, e sendo os co-consagradores principais Giovanni Battista Re e Marcello Zago.
O 7 de decembro de 2002 o papa nomeouno arcebispo de Esztergom-Budapest e primado de Hungría, e no consistorio do ano seguinte Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Balbina.
En 2005 foi elixido presidente da Conferencia Episcopal Húngara, e reelixido en 2010 por outros cinco anos. Tamén, en 2006 foi elixido presidente do Consello das Conferencias Episcopais Europeas, e reelixido en 2011. O 14 de outubro de 2014 foi nomeado Relator Xeral da Terceira Asemblea Xeral Extraordinaria do Sínodo dos Bispos.
O 27 de xuño de 2015 Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.
Distincións e premios Ten sido nomeado doutor honoris causa por varias institucións académicas, amosadas a continuación en orde cronolóxica: 1996: Instituto Católico de París 2001: Universidade Babeș-Bolyai 2004: Universidade Católica de Lublin 2007: Universidade de Múnic 2008: Universidade de Constanza 2011: Universidade de Navarra e Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia Obtivo tamén en 1999 o Premio internazionale Galileo Galilei.
Obra
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na páxina web do Vaticano
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Bispos católicos de Hungría Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Cardeais de Hungría Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense Categoría:Profesores da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Navarra Categoría:Escritores en lingua húngara Categoría:Escritores de Hungría Categoría:Doutores honoris causa polo Instituto Católico de París Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Babeș-Bolyai Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de Lublin Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Múnic Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais