A Conferencia Leste (en inglés Eastern Conference, e en francés Conférence de l'Est) é unha das dúas conferencias nas que se dividen os equipos da National Hockey League (NHL). A Conferencia Leste foi creada en 1974 baixo o nome de Conferencia Príncipe de Gales, e dende o realiñamento de 2013 está formada por 16 equipos agrupados en dúas divisións de oito equipos cada unha: a Atlantic Division e a Metropolitan Division. O campión da conferencia recibe o Prince of Wales Trophy.

Historia Orixes: East Division (1967-74) En 1967, despois de 24 anos con seis equipos na liga, a NHL decidiu aumentar o número de equipos a doce. Os equipos do "Original Six" quedaron encadrados na East Division, e os play-offs separados garantían que sempre un dos equipos, que gañaría o Prince of Wales Trophy, xogaría a final da liga. Porén, tres vitorias seguidas dos equipos do "Original Six" sobre os St. Louis Blues fixeron á liga mudar na tempada 1970-71 para que as semifinais foran cruces entre equipos do Leste e do Oeste. Ese mesmo ano, os Chicago Black Hawks pasaron a competir na West Division para aumentar e dous novos equipo o Leste.

Equipos Montreal Canadiens (1967–74) New York Rangers (1967–74) Boston Bruins (1967–74) Chicago Black Hawks (1967–70) Toronto Maple Leafs (1967–74) Detroit Red Wings (1967–74) Buffalo Sabres (1970–74) Vancouver Canucks (1970–74) New York Islanders (1972–74)

Conferencia Príncipe de Gales (1974-93) Na tempada 1974-75, tívose en conta a xeografía norteamericana para un realiñamento dos equipos. O Leste pasaría a denominarse Conferencia Príncipe de Gales, emn homenaxe a Eduardo VIII, o Príncipe de Gales que deu o trofeo homónimo á liga. A conferencia tería dúas divisións, Norris (en homenaxe a James E. Norris, exproprietario dos Detroit Red Wings) e Adams (en homenaxe ao fundador dos Boston Bruins, Charles Francis Adams).

1974-1981

Adams Boston Bruins (1974-1981) Buffalo Sabres (1974-1981) California Golden Seals (1974-76), Cleveland Barons (1976-78), Minnesota North Stars (1978-1981) Quebec Nordiques (1979-1981) Toronto Maple Leafs(1974-1981)

Norris Detroit Red Wings (1974-1981) Hartford Whalers (1979-1981) Los Angeles Kings (1974-1981) Montreal Canadiens (1974-1981) Pittsburgh Penguins (1974-1981) Washington Capitals (1974-1979)

1981–1993 En 1981 realizouse un novo realiñamento xeográfico, tentando reducir os gastos en desprazamentos, facendo que cada conferencia xogara entre si, co Prince of Wales Trophy sendo entregado ao campión da conferencia homónima. As divisións do leste pasaron a ser Adams e Patrick (coa Norris pasando para á outra conferencia).

Adams Boston Bruins (1981-1993) Buffalo Sabres (1981-1993) Hartford Whalers (1981-1993) Montreal Canadiens Ottawa Senators (1992-93) Quebec Nordiques (1981-1993)

Patrick New Jersey Devils (1982-1993) New York Islanders (1981-1993) New York Rangers (1981-1993) Philadelphia Flyers (1981-1993) Pittsburgh Penguins (1981-1993) Washington Capitals (1981-1993)

Leste e Oeste En 1993, xa cunha liga de 24 equipos e cunha nova expansión á vista, realizouse un realiñamento que rebautizou ás conferencias e divisións con nomes xeográficos.

1993-1998

Atlantic Division Florida Panthers New Jersey Devils New York Islanders New York Rangers Philadelphia Flyers Tampa Bay Lightning Washington Capitals

Northeast Division Boston Bruins Buffalo Sabres Hartford Whalers (1993-97), Carolina Hurricanes (1997-98) Montreal Canadiens Ottawa Senators Pittsburgh Penguins Québec Nordiques (1993-95; reubicouse no Oeste como Colorado Avalanche)

1998-2013 Coa entrada dos Nashville Predators, os equipos foron realiñados en seis divisións nas dúas conferencias.

Atlantic Division New Jersey Devils New York Islanders New York Rangers Philadelphia Flyers Pittsburgh Penguins

Northeast Division Boston Bruins Buffalo Sabres Montreal Canadiens Ottawa Senators Toronto Maple Leafs

Southeast Division Carolina Hurricanes Florida Panthers Tampa Bay Lightning Washington Capitals Atlanta Thrashers (1999-2011), Winnipeg Jets (2011-13)

Realiñamento de 2013 Despois da mudanza dos Atlanta Thrashers a Winnipeg viuse a necesidade dun novo realiñamento. Sumando as reclamacións sobre os gastos de viaxes e horarios televisivos prexudiciais causados por diferenzas de fusos horarios, a NHL decidiu realiñar as dúas conferencias en catro divisións, con tres delas mantendo os seus antigos nomes e unha mudando o seu nome. Os Winnipeg Jets reubicáronse no Oeste, mentres que os Detroit Red Wings e os Columbus Blue Jackets pasaron ao Leste, que pasou a ter 14 equipos.

Atlantic Division Metropolitan Division Boston Bruins Carolina Hurricanes Buffalo Sabres Columbus Blue Jackets Detroit Red Wings New Jersey Devils Florida Panthers New York Islanders Montreal Canadiens New York Rangers Ottawa Senators Philadelphia Flyers Tampa Bay Lightning Pittsburgh Penguins Toronto Maple Leafs Washington Capitals

Campións do Prince of Wales Trophy A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende que se creou o Prince of Wales Trophy en 1923. En letra grosa o campionatos conseguidos dende que o trofeo é entregado ao campión da Conferencia Leste, e dicir, os acadados dende 1974:

NºTítulosEquipoCampionatos25 Montreal Canadiens 1923–24, 1924–25, 1943–44, 1944–45, 1945–46, 1946–47, 1955–56, 1957–58, 1958–59, 1959–60, 1960–61, 1961–62, 1963–64, 1965–66, 1967–68, 1968–69, 1972–73, 1975–76, 1976–77, 1977–78, 1978–79, 1980–81, 1985–86, 1988–89, 1992–9317 Boston Bruins1927–28, 1928–29, 1929–30, 1930–31, 1932–33, 1934–35, 1937–38, 1938–39, 1939–40, 1940–41, 1970–71, 1971–72, 1973–74, 1987–88, 1989–90, 2010–11, 2012–1313 Detroit Red Wings1933–34, 1935–36, 1936–37, 1942–43, 1948–49, 1949–50, 1950–51, 1951–52, 1952–53, 1953–54, 1954–55, 1956–57, 1964–656 Pittsburgh Penguins1990–91, 1991–92, 2007–08, 2008–09, 2015–16, 2016–175 New Jersey Devils1994–95, 1999–2000, 2000–01, 2002–03, 2011–124 New York Rangers1931–32, 1941–42, 1993–94, 2013–144 Philadelphia Flyers1984–85, 1986–87, 1996–97, 2009–103 Buffalo Sabres1974–75, 1979–80, 1998–993 New York Islanders1981–82, 1982–83, 1983–842 Carolina Hurricanes2001–02, 2005–062 Chicago Black Hawks1966–67, 1969–702 Tampa Bay Lightning2003–04, 2014–152 Toronto Maple Leafs1947–48, 1962–632 Washington Capitals1997–98, 2017–181 Florida Panthers1995–961 Montreal Maroons1925–261 Ottawa Senators2006–071 Ottawa Senators (original)1926–27

Véxase tamén

Ligazóns externas Historia da NHL

Categoría:National Hockey League