Lorenzo Bereciartua Balerdi, nado en Bidania (Guipúscoa) o 28 de febreiro de 1895 e finado o 23 de outubro de 1968, foi un eclesiástico católico vasco, bispo diocesano de Donostia entre 1963 e 1968.
Traxectoria Naceu en Bidania (hoxe parte do concello de Bidania-Goiatz, Guipúscoa) o 28 de febreiro de 1895, sendo descendente de san Martiño da Ascensión. Foi ordenado sacerdote o 19 de decembro de 1919.
O 22 de febreiro de 1946 foi nomeado bispo auxiliar de Zaragoza e bispo titular de Andeda. Recibiu a ordenación episcopal de mans do arcebispo de Zaragoza Rigoberto Doménech Valls o 11 de agosto do mesmo ano.
O 19 de decembro de 1955 foi nomeado bispo de Sigüenza-Guadalaxara. Permaneceu en dita diocese até que foi nomeado bispo de Donostia o 6 de agosto de 1963. Finou no cargo, o 23 de outubro de 1968.
Notas
Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Nados en 1895 Categoría:Nados en Bidania-Goiatz Categoría:Finados en 1968 Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Personalidades sen imaxes