Bojan Bogdanović, nado o 18 de abril de 1989 en Mostar, RS Bosnia e Hercegovina, RFS de Iugoslavia, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga nos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria Bogdanović comezou a súa carreira no baloncesto en 2004 no equipo da súa cidade natal, o Zrinjski Mostar, onde xogou durante unha tempada. En 2005, asinou un contrato por cinco anos co Real Madrid da Liga ACB, pero para a tempada 2005-06 foi cedido ó Zrinjski Mostar. Nas dúas tempadas seguintes xogou co equipo júnior do Real Madrid, e na tempada 2008-09 foi cedido ó CB Murcia.

En agosto de 2009, Bogdanović asinou un contrato por catro anos co KK Cibona. En xullo de 2010, asinou unha extensión de tres anos do seu contrato. Tras a tempada 2010-11, rompeu o seu contrato co Cibona.

O 19 de xuño de 2011, Bogdanović asinou un contrato por varios anos co Fenerbahçe Ülker. O 23 de xuño de 2011, foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Miami Heat. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Minnesota Timberwolves, e despois ós New Jersey Nets.

O 22 de xullo de 2014, Bogdanović asinou cos Brooklyn Nets un contrato de tres anos e 10 millóns de dólares.

O 22 de febreiro de 2017, Bogdanović foi traspasado xunto a Chris McCullough ós Washington Wizards, a cambio de Andrew Nicholson, Marcus Thornton e unha elección da primeira rolda do Draft de 2017.

O 8 de febreiro de 2024, os Pistons traspasaron a Bogdanović xunto a Alec Burks ós New York Knicks, a cambio de Evan Fournier, Ryan Arcidiacono, Malachi Flynn, Quentin Grimes e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Mostar Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Croacia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do CB Murcia Categoría:Xogadores do KK Cibona Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016