"With a Child's Heart" é unha canción do artista Stevie Wonder, do seu álbum Up-Tight. A canción foi lanzada como a cara B do sinxelo "Nothing's Too Good for My Baby".
Dionne Bromfield fixo unha versión para o seu primeiro álbum Introducing Dionne Bromfield no 2009.
Versión de Michael Jackson A canción foi versionada polo cantante Michael Jackson, e foi estreada como primeiro sinxelo do seu álbum de 1973 Music & Me. Acadou o número 50 na lista musical Billboard Pop Singles, o número 14 na lista US R&B, e a #23 na US adult contemporary. Nunha entrevista de 2003 con Martin Bashir, Jackson admitiu non ter gravado a canción, e que non era quen de lembrar a letra.
Notas
Categoría:Sinxelos de 1973 Categoría:Sinxelos de 1999 Categoría:Cancións de Michael Jackson