Mario Bava, nado en Sanremo o 31 de xullo de 1914 e finado en Roma o 25 de abril de 1980 foi un director, guionista, artista de efectos especiais e director de fotografía italiano, membro da idade de ouro do xénero de terror italiano. A súa obra instaurou o giallo e os filmes slasher modernos.

Filmografía Bava era fillo de Eugenio Bava, escultor que tamén traballou como fotógrafo de efectos especiais e cámara no cinema mudo italiano. A primeira intención de Bava era converterse en pintor, pero ao ver que non era capaz de vender as súas pinturas a un prezo rendible, entrou no negocio do seu pai, traballando como axudante de fotografía e no departamento de efectos especiais. Comezou a traballar como director de fotografía en 1939, rodando dúas curtametraxes con Roberto Rossellini.

En 1956 completou a rodaxe de I Vampiri, considerado o primeiro filme italiano de terror. Cando o director Riccardo Freda abandonou o proxecto na metada, Bava, contratado como fotógrafo, acabou o filme en varios días, creando tamén os innovadores efectos especiais que precisaba. En 1958 codirixiu The Day the Sky Exploded, primeiro filme italiano de ciencia ficción. O primeiro filme dirixido por Bava en solitario foi o clásico de terror gótico Black Sunday, que converteu en estrela do xénero a actriz Barbara Steele.

A súa obra foi moi influente, dirixindo os primeiros filmes do xénero giallo. O seu filme de 1965 Planet of the Vampires foi un precursor temático de Alien (1979) e Twitch of the Death Nerve (1971) é considerado un dos primeiros filmes slasher e foi arremedado explicitamente en Venres 13, segunda parte.

Bava tivo problemas coa distribución dalgúns dos seus últimos filmes. Lisa and the Devil (1972) non atopou distribuidor e foi logo remontada co título de House of Exorcism e Semaforo Rosso (1974) nunca foi estreada en cines. Retirouse do cinema en 1978 tras codirixir Shock, co seu fillo Lamberto Bava. Porén traballou nos efectos especiais do filme de Dario Argento Inferno). Nalgúns filmes, Bava aparecía acreditado como John M. Old, pseudónimo que tamén empregou o seu fillo.

Faleceu dun ataque ao corazón aos sesenta e cinco anos.

Filmografía AnoFilmeTraballoNotasDirectorGuionistaDirector de fotografía 1943 L'Avventura di Annabella 1943 Sant'Elena, piccola isola 1946 L'Elisir d'amore 1947 Uomini e cieli 1948 Natale al campo 119 1948 Pagliacci 1949 Anthony of Padua 1949 Follie per l'opera 1950 Miss Italia 1950 È arrivato il cavaliere! 1950 Canzone di primavera 1950 Vita da cani 1950 Her Favourite Husband 1951 La Famiglia Passaguai 1951 Amor non ho... però... però 1951 Cops and Robbers 1951 La Famiglia Passaguai fa fortuna 1952 Papà diventa mamma 1952 Gli Eroi della domenica 1953 Balocchi e Profumi 1953 Il Bacio dell'Aurora 1953 Perdonami! 1953 Il Viale della speranza 1953 Villa Borghese 1954 Terza liceo 1954 Hanno rubato un tram 1954 Graziella 1954 Cose da pazzi 1955 Buonanotte... avvocato! 1955 Le avventure di Giacomo Casanova 1955 Ulysses 1956 I Vampiri Título alternativos: The Devil's Commandment The Vampires Lust of the Vampire 1956 Roland the Mighty Título alternativo: Orlando e i Paladini di Francia 1956 Città di notte 1956 Beautiful But Dangerous Título alternativo: The World's Most Beautiful Woman 1956 Mio figlio Nerone Título alternativos: Nero's Mistress My Son Nero Nero's Weekend 1957 Hercules Título alternativos: Le Fatiche di Ercole The Labors of Hercules 1958 The Day the Sky Exploded Título alternativo: Death Comes from Space (La morte viene dallo spazio) 1959 Hercules Unchained Título alternativo: Ercole e le Regina di Lidia (Hercules and the Queen of Lydia) 1959 Caltiki - The Immortal Monster Título alternativo: Calitiki il mostro immortale 1959 The Giant of Marathon Título alternativo: The Battle of Marathon (La battaglia di Maratona) 1959 The White Warrior Título alternativo: Agi Murad, the White Devil 1960 Black Sunday Título alternativos: Mask of the Demon La maschera del demonio Revenge of the Vampire The Mask of Satan 1960 Esther and the King 1961 Hercules in the Haunted World Título alternativo: Ercole al centro della terra Hercules at the Center of the Earth 1961 Erik the Conqueror Títulos alternativos: Fury of the Vikings The Invaders (Gli invasori) 1961 The Wonders of Aladdin 1961 The Last of the Vikings 1963 The Girl Who Knew Too Much Títulos alternativos: La ragazza che sapeva troppo Evil Eye 1963 Black Sabbath Título alternativo: Three Faces of Fear I tre volti della paura 1963 The Whip and the Body Títulos alternativos: What? La Frusta e il Corpo 1964 Blood and Black Lace Título alternativo: Six Women for the Murderer (Sei donne per l'assassino) 1964 The Road to Fort Alamo Título alternativo: Arizona Bill 1965 Planet of the Vampires Títulos alternativos: Demon Planet Terrore nello spazio Terror in Space The Haunted Planet The Haunted World 1966 Knives of the Avenger Títulos alternativos: Bladestorm Viking Massacre I coltelli del vendicatore 1966 Kill, Baby, Kill Títulos alternativos: Curse of the Living Dead Operation Fear Operazione paura 1966 Dr. Goldfoot and the Girl Bombs Títulos alternativos: Dr. Goldfoot and the Love Bomb Dr. Goldfoot and the Sex Bombs The Spy Who Came in from the Semi-Cold Two Mafia Guys from the FBI 1966 A Gunman called Nebraska Títulos alternativos: Ringo from Nebraska Nebraska Jim 1968 Danger: Diabolik Título alternativo: Diabolik 1968 The Odyssey (made for Italian TV) Títulos alternativos: The Adventures of Ulysses (dirixiu o episodio Polyphemus) 1970 Five Dolls for an August Moon Títulos alternativos Island of Terror 5 bambole per la luna d'agosto 1970 Hatchet for the Honeymoon Títulos alternativos Blood Brides The Red Stain of Madness Il rosso segno della follia 1970 Roy Colt and Winchester Jack 1971 Twitch of the Death Nerve Títulos alternativos A Bay of Blood Ecology of Crime (Ecologia del delitto) Chain Reaction (Reazione a Catena) Last House on the Left II 1972 Baron Blood Títulos alternativos The Torture Chamber of Baron Blood The Horrors of Nuremberg Castle Gli orrori del castello di Norimberga The Blood Baron 1972 Four Times That Night 1972 Lisa and the Devil Títulos alternativos The Devil Carries the Dead / El diablo se lleva a los muertos The House of Exorcism (1975 re-edited version) 1974 Rabid Dogs (aka Kidnapped) Títulos alternativos: Cani arrabbiati Semaforro Rosso (Red (Traffic) Light) Kidnapped (2007 re-edited version) 1977 Shock Títulos alternativos: Beyond the Door II Shock: Transfert-Suspense-Hypnos 1979 The Venus of Ille Título alternativo: La Venere d'Ille

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Nados na provincia de Imperia Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1980