Fondant é en repostaría xeral unha pasta feita de almibre mesto e de cor branca, elaborado con azucre cocido a punto de bóla con adición de glicosa, que se emprega como cobertura de doces e pasteisDenominación en galego e definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.

A pasta obtida é semellante á plastilina, mais comestíbel, polo que é empregada coma recubrimento de certas preparacións como bolos, pasteis, madalenas etc. Na meirande parte dos casos o fondant é unha decoración reposteira.The Cake Decorator's Motif Bible: 150 Fabulous Fondant Designs with Easy-to-Follow Charts and Photographs, (2007), «The Cake Decorator's Motif Bible: 150 Fabulous Fondant Designs with Easy-to-Follow Charts and Photographs», Firefly Books, ISBN 1-55407-281-6 A denominación fondant (que en francés significa: que funde) fai referencia á característica física do recubrimento: que se funda na boca.Marion Harris Neil, (2008), «Candies and Bonbons and How to Make Them», BiblioLife A forma máis simple de fondant é auga e azucre e é amplamente usada na elaboración de caramelos.

Ingredientes Os ingredientes do fondant son: Xelatina sen ou con sabor. Auga fría. Glicosa. Glicerina. Manteiga. Azucre glas. Esencia ou saborizante ao gusto.

Ao fondant adóitaselle dar múltiples cores. Para coralo cómpre utilizar colorante vexetal en xel.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Azucre invertido Almibre Esferificación

Categoría:Doces Categoría:Chocolate