Le Monde musical foi unha revista musical fundada en Francia en 1889 polo fabricante de pianos Édouard Mangeot (1835-1898).

Auguste Mangeot, fillo do fundador, primo de Georges Dandelot e creador xunto con Alfred Cortot da École normale de musique de Paris, asumiu a dirección e foi tamén un dos críticos.

A revista desapareceu ao principio da segunda guerra mundial.

Imaxes de Le Monde musical

Notas

Categoría:Revistas de Francia