O té bravo, de nome científico Dysphania ambrosioides, clasificada antano co basónimo Chenopodium ambrosioidesTropicos; Taxonomía da Dysphania ambrosioides (L.) Mosyakin & Clemants, en inglés., é unha planta da familia Amaranthaceae orixinaria de América. En Galicia tómase en infusión para tratar as doenzas dixestivas e dáselle tamén ó gando.
Naturalizada nas zonas de clima oceánico e mediterráneo de Europa e nas zonas de clima subtropical dos Estados Unidos de AméricaMaud Grieve (1931); A Modern Herbal, páxina 854. ISBN 0-486-22798-7.
Descrición Planta anual ou bianual de ata 1 m, con follas oblongo-lanceoladas. Flores verdes discretas dispostas en panícula ramificada no ápice do talo. A especie é orixinaria de América e vive naturalizada en case toda a Península Ibérica como ruderal e nitrófila. A planta ten un cheiro característico.
Etimoloxía O nome do xénero deriva do grego disphanis; escuro, en referencia ás flores discretasActa Plantarum ; Etimoloxía de Dysphania, en italiano.. O epíteto da especie deriva do grego ambrosia; non mortal, para referirse a algo que está reservado ós deuses.
Historia Pensase que foi introducida en Europa por Francisco Hernández de Toledo, médico de Filipe II, no ano 1577. Menciona Francisco Hernández as súas virtudes medicinais como antihelmíntico (contra os parasitos intestinais) amais como antiespasmódico que lle outorgaban os nativos de Nova España.
Coñécese na lingua náhuatl coma epazōtl (epazote) e nas linguas quechuas coma payqu (paico). miniatura|Inflorescencia.
Propiedades medicinais A planta, que ten un arrecendo característico, prepárase en infusión e ten un gusto agradable cando non está demasiado concentrada. O seu uso no tratamento de trastornos dixestivos é bastante antigo e está estendido de xeito especial no oeste da Península Ibérica (Galicia, Estremadura, na parte occidental de Castela e León e no noroeste de Portugal). Dáselle tamén ó gando.
Tamén se utiliza coma axente antihelmíntico, especialmente efectivo fronte ó ascaris, anquilostoma e ós oxiuros, agás fronte ós tricocéfalos e a tenia; como anticatarral (contra o arrefriado), debido ó seu contido en ascaridol. É unha planta estreitamente relacionada coa Dysphania botrys, que se emprega para tratar a tose e probablemente trastornos dixestivos.
Empregado amais como antiespasmódico. Tamén se utiliza no tratamento doutras doenzas, para aliviar os seus síntomas. miniatura|200px|esquerda|Estrutura química en 3D do ascaridol. Principios activos aceite esencial (0,6-1%): *ascaridol (60-80%), este composto é tóxico e dun sabor pouco agradable. Presúmese que o contido de ascaridol é menor no "té bravo" de México que no de Europa e Asia. Hidrocarburos terpénicos (20%): alfa-terpineno, limoneno, p-cimeno etc.Aceite esencial de Chenopodium ambrosioides L. , en pdf. Universidad Nacional del Nordeste-UNNE (Arxentina). Contraindicacións Está contraindicado durante o embarazo e en caso de insuficiencia renal. Recoméndase a non prescrición do aceite esencial por vía interna. O aceite esencial pode producir cefaleas, vertixe, tremor de pés e mans, náuseas e vómitos sanguinolentos. En doses elevadas o aceite esencial pode orixinar irritación do parénquima renal e incluso a morte por parálise dos centros respiratorios bulbares.
Usos culinarios Dysphania ambrosioides, denominada epazote ou paico nos países hispanoamericanos, é unha planta vivaz aromática que se emprega na gastronomía coma condimento en México e noutros países de Hispanoamérica, amais de planta medicinal. miniatura|Planta de té bravo. Sinonimia Ambrina ambrosioides (L.) SpachAmbrina ambrosioides var. anthelmintica (L.) MoldenkeAmbrina anthelmintica (L.) SpachAmbrina incisa Moq.Ambrina parvula Phil.Ambrina spathulata Moq.Atriplex ambrosioides (L.) CrantzAtriplex anthelmintica (L.) CrantzBlitum ambrosioides (L.) BeckBotrys ambrosioides (L.) Nieuwl.Botrys anthelmintica (L.) Nieuwl.Chenopodium album subsp. ambrosioides (L.) H.J.Coste & A.Reyn.Chenopodium amboanum (Murr) AellenChenopodium ambrosioides L.Chenopodium angustifolium Pav. ex Moq.Chenopodium anthelminticum L.Chenopodium anthelminticum var. glabratum FenzlChenopodium anthelminticum var. hastatum Moq.Chenopodium anthelminticum var. subhirsutum FenzlChenopodium citriodorum Steud.Chenopodium cuneifolium Vent. ex Moq. Chenopodium integrifolium Vorosch.Chenopodium integrifolium subsp. ramosissimum AellenChenopodium opulifolium subsp. amboanum MurrChenopodium querciforme MurrChenopodium querciforme var. minus MurrChenopodium sancta-maria Vell.Chenopodium santamaria Vell.Chenopodium spathulatum (Moq.) Sieber ex Moq.Chenopodium spathulatum var. angustifolium Moq.Chenopodium spathulatum var. platyphyllum Moq.Chenopodium suffruticosum Willd.Chenopodium suffruticosum subsp. remotum Vorosch.Chenopodium vagans Standl.Chenopodium variegatum GouanDysphania anthelmintica (L.) Mosyakin & ClemantsOrthosporum ambrosioides (L.) Kostel.Orthosporum anthelminticum Kostel.Orthosporum suffruticosum Kostel.Roubieva anthelmintica (L.) Hook. & Arn.Teloxys ambrosioides (L.) W.A.WeberTeloxys vagans (Standl.) W.A. WeberVulvaria ambrosioides (L.) Bubani miniatura|esquerda|180px|O té bravo está naturalizado en Galicia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Manuel Pardo de Santayana, Emilio Blanco, Ramón Morales (2005); Plants known as "té" in Spain: An ethno-pharmaco-botanical review, na revista Journal of Ethnopharmacology.
Categoría:Flora de América Categoría:Herbas aromáticas Categoría:Plantas medicinais