O cardo corredorDenominación en galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 Eryngium campestre, é unha planta herbácea perenne da familia Apiaceae (Umbelliferae).
Descrición É unha planta espiñenta de talo erecto e moi ramificado que pode medrar até uns 70 cm de altura, porén, as súas raíces son moi longas e poden chegar a medir uns 5 m. As súas follas están cubertas de espiños e divididas en lobos. As súas flores, de cor azulada, reúnense en capítulos arrodeadas por un invólucro composto de 5 ou 6 brácteas. O seu froito é un aquenio de 2 mericarpos uniloculares. miniatura|250px|Ilustración. miniatura|250px|Froitos (aquenios duplos uniloculares escamentos) miniatura|Eryngium campestre
Hábitat É unha especie común en Europa central e occidental, o norte de África, Medio Oriente e o Cáucaso. Dáse principalmente en terreos secos e planos, especialmente nas beirados dos camiños e en leiras de cultivo desleixadas. A este cardo está asociada, mediante micorrizas, o cogomelo de cardo (Pleurotus eryngii), de gran valor culinario. Moi a miúdo, é obxecto de parasitismo por varias especies de Orobanche, en particular Orobanche amethystea (que, por isto mesmo, ten como sinonimia - entre outras - Orobanche eryngii).
Ciclo de vida É unha planta perenne do tipo vivaz, é dicir, a parte aérea morre despois de se reproducir e só persiste a raíz tuberosa até a primavera seguinte, en que rebrotan o talo e as follas. É unha planta estepicursora, pois as inflorescencias despréndense ao morrer os talos e de alí orixinouse o nome de "cardo corredor", pois pola acción do vento arrastran tanto os talos mortos como os capítulos secos. Deste xeito, facilítase a dispersión das sementes e incluso a colonización de novos ambientes. Florea desde fins da primavera (maio no Hemisferio Norte) até inicios do outono (setembro), dependendo do inicio e da lonxitude desta etapa do clima e a latitude.
Usos Non se cultiva, pola contra, combáteselle cando invade terreos destinados ao pastoreo ou a produción de forraxe. A pesar disto, é bastante apreciado porque as súas raíces son o hábitat do fungo Pleurotus eryngii, chamado cogomelo de cardo, que nos países mediterráneos se recolecta para o consumo humano; por iso a planta recibe o nome de "cardo cogomeleiro". Ademais, na herbolaria tradicional atribúenselle propiedades diuréticas r cicatrizantes, as súas follas tenras e a súa raíz poden consumirse en ensaladas e cando se seca pode usarse como enfeite.
Taxonomía Eryngium campestre foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 1, p. 233, 1753. Citoloxía Número de cromosomas de Eryngium campestre (Fam. Umbelliferae) e táxones infraespecíficos: 2n=28Números cromosomáticos de plantas occidentales, 322-328. Perdigó Arisó, M. T. & M. Llauradó Miravall (1985) Anales Jard. Bot. Madrid 42(1): 227-230 Etimoloxía
Eryngium: nome xenérico que probabelmente fai referencia á palabra que lembra o ourizo: "Erinaceus" (especialmente desde o grego "erungion" = "ción"), senón que tamén podería derivar de "eruma" (= protección), en referencia ás espiñentas follas das plantas deste tipo.
campestre: epíteto que significa "dos campos". Sinonimia Eryngium latifolium Hoffmanns & Link ex Willk. & Lange Eryngium officinale Garsault nom. inval. Eryngium trifidum L. var. virens (Link) Weins Eryngium lycium Stapf & Wettst. Eryngium virens Link Eryngium vulgare Lam. en PlantList
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx. Mathias, M. E. & L. Constance. 1941. A synopsis of the North American species of Eryngium. Amer. Midl. Naturalist 25(2): 361–387.
Ligazóns externas Información e fotografías en Hoseito.com
Categoría:Eryngium Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné