Manuel Ortiz Novo, nado en Santiago de Compostela en 1891 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 1933El Compostelano, 16-3-1933, p. 2, 3., foi un mestre, xornalista e escritor galego.
Traxectoria miniatura|150px|esquerda|Manuel Ortiz Novo, 1917. Licenciado en Dereito, aínda que non exerceu como avogado. Foi mestre e director das colonias escolares de Oza dos Ríos na segunda década do século XX. Froito desta experiencia foi a obra Colonias escolares. La experiencia de Oza de los Ríos (Madrid, 1928). Tamén tivo unha relevante participación no Congreso Pedagógico da Coruña de 1926. Colaborou en Alma Galaica, El Compostelano e noutras publicacións galegas e dirixiu a revista Suevia.
Obras miniatura|Quiso robar una estrella. Prosas aladas del jardín interior, 1916. Rubén Darío. Pondal, 1917. De mi breviario lírico, 1921. Salterio triunfal, 1922. Colonias escolares. La experiencia de Oza de los Ríos, 1928. Quiso robar una estrella, 1932 (con ilustracións de Camilo Díaz Baliño e colofón de Xavier Bóveda).
Vida persoal Casou con María Corrales Moure.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público