San Xián de Soñeiro é unha parroquia localizada no sur do concello coruñés de Sada. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 732 habitantes (368 homes e 364 mulleres), o que supón unha diminución en 4 habitantes en relación ao ano anterior.
Historia A comezos do século XX fundáronse na zona as sociedades agrarias Agricultores del país e La defensa del agricultor.
Cultura Topónimo Soñeiro é un topónimo latino que posiblemente proveña do antropónimo Suarius e que aparecería entre o século VII e X. A hipótese dese antropónimo é por estar cartografado o lugar como Sunario.
Patrimonio Destaca a súa arquitectura relixiosa, coa igrexa parroquial de San Xián, de mediados do século XIX, o seu cruceiro e a capela do Espírito Santo. Tamén existen mostras apreciables de arquitectura popular.
Lugares e parroquias Lugares de Soñeiro
Parroquias de Sada
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Sada
Categoría:Parroquias de Sada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xián