Santa Comba de Veigue é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 421 habitantes (216 homes e 205 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 328 habitantes.
Xeografía Praias A praia de Cirro, próxima ao porto de Lorbé, Oleiros, é unha praia semiurbana cun grao de ocupación alto. As súas augas son tranquilas e ten 280 m de longo e 57 m de largura media, coa area fina e branca. Non ten paseo marítimo, pero ten acceso para discapacitados. A praia de San Pedro, moi próxima á anterior, é de características moi similares (260 m de longo por 50 m de largo). Non ten acceso para discapacitados e ten un cámping a poucos metros da area miniatura|Praia de San Pedro, en Veigue. Ao fondo, o porto de Lorbé.
Cultura Topónimo Veigue é un topónimo latino, inda que con orixe prerromana, que se refire á unha chaira cultivada e fértil. A súa aparición deuse entre os séculos X e XIII.
Patrimonio perdido No Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela consérvanse testemuños documentais da existencia de dúas capelas, xa desaparecidas, na parroquia de Veigue, sen que haxa constancia da súa localización exacta.
Ermida de San Pedro: no libro de visitas da parroquia, en 1637-1640, faise referencia á confraría desta ermida, que carecía de rendas. Foi primeiro dos veciños, pero nos libros de visitas pastorais de 1770-1777 faise mención a un patrón, Vicente Villar de Francos, veciño da parroquia de San Martiño de Dorneda. El era o encargado de levar os ornamentos para a celebración da misa, que só se facía no mesmo día de San Pedro. Nesa altura deuse orde de non a celebrar máis alí mentres non se arranxase a ermida, cuxo estado era semirruinoso, sen máis adorno que a imaxe do santo nunha caixa e coa porta sen pechadura. Capela do Viático: aparece mencionada, nunha visita de 1792, como o lugar onde se levaba o viático aos enfermos.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Veigue
Parroquias de Sada
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sada
Categoría:Parroquias de Sada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Comba Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía