Jaroslav Jan Pelikan, nado en Akron (Ohio) o 17 de decembro de 1923 e finado en Connecticut o 13 de maio de 2006, foi un estudoso da historia do cristianismo e da historia intelectual da Idade Media. Traxectoria Pelikan naceu en Akron, de pai eslovaco e nai serbia. A súa familia era de tradición luterana; o seu pai era pastor nunha igrexa luterana eslovaca, e o seu avó bispo do Sínodo de Igrexas Luteranas Evanxélicas.
En 1946 graduouse polo Seminario Concordia de St. Louis e doutorouse en filosofía pola Universidade de Chicago. En 1962 ingresou na Universidade Yale como profesor de Historia eclesiástica.
Foi autor de máis de 30 libros. Oito anos antes do seu pasamento, en 1998, se converteu ao cristianismo ortodoxo, sendo recibido na Igrexa Ortodoxa en América.
Obra
Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Nados en Akron, Ohio Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Teólogos luteranos Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Teólogos ortodoxos Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Carolina de Praga Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Harvard Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Nova York Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Estadounidenses de ascendencia eslovaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia serbia