miniatura|250px|Representación do hirola nunha lámina de The book of antelopes (1894). Beatragus hunteri coñecido na bibliografía como hirola, antílope de Hunter ou damalisco de Hunter,Debido a que antigamente estaba clasificado no xénero Damaliscus. é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da subfamilia dos alcelafinos.Wilson & Reeder (2005). que vive en chairas herbosas áridas nunha pequena zona do nordeste de Kenya e o suroeste de Somalia.
É a única especie do xénero Beatragus, e non se recoñecen subespecies, e un dos antílopes africanos en maior perigo de extinción.Beatragus hunteri na Lista vermella de animais en perigo da UICN.
Taxonomía A especie foi descuberta en 1888 polo zoólogo H. C. V. Hunter,Hirola en ARKive. e descrita por primeira vez o ano seguinte por Philip Lutley Sclater na súa obra Proc. Zool. Soc. Lond., 1889: 58,.Foi clasificada inicialmente dentro do xénero Damaliscus, ben como subespecie de Damaliscus lunatus (Burchell, 1823) Damaliscuas lunatus hunteri,Haltenorth, T. & Diller, H. (1986), p. 81 ben como especie independente, Damaliscus hunteri (Sclater, 1889),Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), p. 232. até que recentemente, en 1997, foi reclasificada por Elisabeth S. Vrba como única especie hoxe viva do restaurado xénero Beatragus,Groves, Colin & Peter Grubb (2011): 'Tribe Alcelaphini in Wallace, 1876 en Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. que fora creado por Heller en 1912.Beatragus en Encyclopedia of Life .
Descrición É un antílope de tamaño grande e que presenta os trazos xerais dos alcélafos, pero de constitución máis lixeira e máis grácil. Mide entre 1,70 e 2,05 m, máis os de 30 a 35 cm da cola, e a súa altura na cruz é de 95 a 110 cm. O seu peso oscila entre 60 e 85 kg.Hanák, V. & Mazák, V. (1991): Enciclopedia de los Animales. Mamíferos de todo el Mundo. Madrid: Editorial Susaeta. ISBN 84-305-1967-X.
A coloración xeral do corpo é parda clara arrubiada, algo máis escura nas patas. Presenta un característico anteollo facial de cor branca.Matthews, L. Harrison (1977): La Vida de los Mamíferos, Tomo II. Historia Natural Destino, vol. 17 Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X.
A cola é longa (chega até as abeacas) e peluda, branca na maior parte da rexión distal, agás no extremo, mouro, circundado por unha zona abrancazada.
Os cornos non crecen desde un pedículo elevado e son longos (de 61 a 72,4 cm) e máis ben finos, están curvados cara a fóra e cara a arriba, facéndose paralelos na maior parte da súa lonxitude, e moi agudos na punta (amosan unha certa semellanza cos dos cobos e os do impala.
As femias son similares aos machos, pero de menor tamaño e cos cornos máis curtos.
Hábitat e distribución É endémico da África oriental, encontrándose unicamente nas chairas herbosas áridas abertas do nordeste de Kenya e o suroeste de Somalia.
Bioloxía Costumes Os hirolas son animais herbívoros activos principalmente pola mañá e pola noite, descansando á sombra ao mediodía. Se non son perturbados son curiosos, do contrario, tímidos. Pero cando se senten acurralados, deféndense.
Teñen moi boa vista e oído, e bo olfacto. Viven reunidos en pequenos haréns de media a dúas ducias de femias coas súas crías e un macho vello, e tamén forman grupos de individuos xuvenís; algúns machos adultos son solitarios. Na tempada seca forman grandes rabaños de varios centos de individuos. A miúdo asócianse con outros antílopes, especialmente con ñus, pero tamén con cebras e avestruces.
Alimentación A súa dieta está constituída case enteiramente por pastos, e raramente comen follas. Normalmente beben pola mañá e pola tarde, cando hai dispoñibiliade de auga, aínda que poden resistir até un mes sen beber.
Inimigos Os principais depredadores dos antílopes de Hunter son o león, o leopardo, o guepardo, a hiena pinta, o licaón e tamén, para as crías, os chacais, o serval, o caracal, a serpente pitón e as grandes aguias.
Poboación e status miniatura|250px|Beatragus hunteri.
A distribución histórica do hirola estímase que cubría aproximadamente 17 900 km² en Kenya e cerca de 20 500 km² en Somalia. En Kenya actualmente ocupan unha superficie de aproximadamente 8.000 km². Non se coñece o estado actual no suroeste de Somalia, pero a súa antiga área de dispersión foi gravemente afectada polos prolongados conflitos civís e militares que continuaron até principios de 2007.
Unha pequena poboación (30 animais) foi trasladada en 1963 ao Parque Nacional Tsavo (Kenya), fóra da área de dispersión natural da especie. Crese que a maioría destes morreron pouco despois da súa liberación e que o tamaño efectivo da poboación "fundadora" era soamente de 11 a 19 animais en 1999. Outros 10 individuos foron introducidos no P. N. Tsavo en 1996.
En 1979 calcúlase que había cerca de 16 000 individuos en Kenya, en 17 900 km². Estímase que a poboación diminuíu de 12 500 animais a principios da década a uns 7.000 en 1977-83, que foi seguida por un descenso drástico (do 85 ao 90 %) entre 1983 e 1985 causado pola grave seca de 1984. Algunhas enquisas suxiren unha poboación de entre 500 e 2.000 exemplares en Kenya en 1995/1996. En Somalia había uns 2.000 hirolas en 1979, pero hoxe en día quedan poucos, se é que queda algún. En xeral, as poboacións diminuíron dun 85 ao 90 % desde 1980 e aínda están descendendo.
Da poboación trasladada ao Parque nacional Tsavo, sobre 105 animais, quedaban de 56 a 76 individuos en 1995/1996.
Conservación O hirola é unha das especies de antílopes africanos en maior perigo de extinción. Algunhas recomendacións para a súa conservación a longo prazo en Kenya incluían un plan de acción de conservación e un informe de avaliación da conservación. Estas recomendacións forman parte do plan de conservación e xestión actual en Kenya (Hirola Management Committee 2004) e están sendo implementadas polo Kenya Wildlife Service conxuntamente co Hirola Management Committee e ONG locais de conservación. Hai unha necesidade urxente de mellorar o nivel de xestión e protección da poboación natural do hirola, particularmente na Reserva Nacional de Arawale e na rexión de Galma Galla/Kolbio. Actividades de conservación e loita contra a caza furtiva deben establecerse sobre gran parte da área restante, pero a inseguridade para os traballadores da conservación é un problema moi grave nesta rexión. Por todo isto, a UICN mantén a cualificación do status da especie como CR (en perigo crítico de extinción).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Groves, Colin & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. Kingdon, J. (1997): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Academic Press, Londres e Nova York: NaturalWorld. Nowak, R. M. (editor) (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA:: The Johns Hopkins University Press. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Alcelafinos Antílopes Bóvidos
Ligazóns externas Beatragus hunteri. Hunter's hartebeest, Hirola en ultimateungulate.com Hirola (Beatragus hunteri) en ARKive Beatragus hunteri en ADW
Categoría:Antílopes Categoría:Bóvidos Categoría:Animais descritos en 1889