O Pedrón de Padrón é unha ara romana dedicada a Neptuno. Pódese ler nesta ara a inscrición «NO ORI ESES D S P», que se interpreta como: (Neptu)no Orieses d(e) s(uo) p(osucrunt) "A Neptuno, os orieses, colocaron esta ara ás súas expensas". A tradición cristiá da Translatio Xacobea, recollida no Libro III do Códice Calixtino, relata que os discípulos do apóstolo Santiago amarraron no Pedrón a barca que portaba o corpo do santo. Na parte superior do Pedrón gravouse ademais unha cruz, seguindo o costume de cristianizar o pagán.

A ara custódiase baixo o altar maior da igrexa de Santiago de Padrón. O propio nome da vila de Padrón deriva etimoloxicamente de "pedrón".

Inscrición No Pedrón pódese ler unha inscrición que foi alterada no século XVI engadíndolle unha cruz e mudando o nome da divindade romana por "patrono". Interprétase a inscrición «NO ORI ESES D S P» como: "A Neptuno, os orieses, puxeron ás súas expensas este altar". Trátase dunha ara votiva en granito dedicada ó deus romano dos mares e de tódalas augas.

† Cruz cristiá, gravado do século XVI, que altera o orixinal.I H SNO(NEPTU)NO, Neptuno.ORI ESESOs ORIESES, facendo referencia ós habitantes do foro de Iria Flavia.D S PDe Suo Posuerunt, é dicir, puxeron ás súas expensas.

Simboloxía O carácter do Pedrón como símbolo permanece inalterable ó longo dos séculos ata os nosos días, custódiase baixo o altar maior da Igrexa de Santiago de Padrón. O mesmo nome de Padrón deriva etimoloxicamente de Pedrón e no escudo da vila aparece representada esta ara. Este altar dedicado ó deus romano Neptuno é segundo a tradición cristiá o lugar onde os discípulos do Apóstolo amarraron a barca logo da longa viaxe, como se relata no Codex Calixtinus.

Entréganse en Padrón os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra ás persoas ou entidades que defenden ou promoven a cultura galega, outorgados pola Fundación Pedrón de Ouro dende 1964. Tamén naceu a Agrupación Folclórica Cultural O Pedrón no ano 1991 en Padrón, coa finalidade de recoller, estudar, ensinar e divulgar a cultura folclórica de Galicia.

Hai unha réplica do Pedrón na localidade francesa de Noirmoutier-en-l'Île, agasallo da vila irmá de Padrón.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Altar

Categoría:Padrón Categoría:Aras votivas