300x300px|miniatura|National Throat Nose and Ear Hospital en Londres. A otorrinolaringoloxía (ORL) é a especialidade médica que se encarga da prevención, diagnóstico e tratamento, tanto médico coma cirúrxico, das doenzas do oído, o nariz, os seos paranasais, a farinxe, a larinxe e as estruturas próximas á cara e o colo.
Asemade, as intervencións cirúrxicas da cara e do pescozo poden ser levadas a cabo tanto por otorrinolaringólogos, coma por cirurxiáns maxilofaciais ou cirurxiáns plásticos.
O organismo de referencia en Galiza é a Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía.
Etimoloxía O termo resulta da combinación de catro palabras gregas: οὖς ous (gen.: ὠτός otos), "oído", ῥίς rhis, "nariz", λάρυγξ larynx, "larinxe" e -λογία -logia, "estudo"."otolaryngologist" entry in: Peter Harris, Sue Nagy, Nicholas Vardaxis, Mosby's Dictionary of Medicine, Nursing & Health Professions - Australian & New Zealand Edition, Elsevier Health Sciences, 2009.
Subespecialidades Otoloxía Rinoloxía Laringoloxía Otorrinolaringoloxía pediátrica Audioloxía
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Cirurxía maxilofacial Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía Ligazóns externas entnet.org American Academy of Otolaryngology-Head and Neck Surgery
Categoría:Otorrinolaringoloxía