El Eco Coruñés foi un xornal editado na Coruña de 1865 a 1866.
Historia e características Subtitulado Diario de noticias e intereses materiales apareceu o 15 de novembro de 1865. Publicábase diariamente na tipografía de Castor Míguez. Estaba dirixido por Ramón Barros Sivelo e Froilán Salazar supervisaba o equipo de redacción. Publicaba noticias económicas, de carácter xeral, artigos de sociedade, e políticos, como o apoio a Unión Liberal. Cesou a súa edición en febreiro de 1866.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1865 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos