Raymond Leo Burke, nado o 30 de xuño de 1948 en Richland Center (Wisconsin), é un cardeal da Igrexa Católica, Cardeal-Patrón da Soberana Orde Militar de Malta dende 2014.

Traxectoria Raymond Leo Burke naceu o 30 de xuño de 1948 en Richland Center, unha cidade do condado de Richland, en Wisconsin. Estudou Filosofía na Universidade Católica de América, graduándose en 1971. Posteriormente estudou Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana, graduándose en 1975.

O 29 de xuño de 1975 foi ordenado sacerdote da diocese de La Crosse polo papa Paulo VI. Continuou os seus estudos na Gregoriana, onde se graduou en Dereito canónico en 1982 e doutorouse en 1984.

O 10 de decembro de 1994 foi nomeado bispo de La Crosse, recibindo a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 1995 de mans do papa Xoán Paulo II, e sendo os co-consagrantes Giovanni Battista Re e Jorge María Mejía.

O 2 de decembro de 2003 foi nomeado arcebispo metropolitano de St. Louis.

O 27 de xuño de 2008 o papa Bieito XVI nomeouno prefecto do Supremo Tribunal da Sinatura Apostólica. O mesmo papa, no consistorio do 20 de novembro de 2010 creouno cardeal, co título de Cardeal-Diácono de Sant’Agata de’ Goti.

O 8 de novembro de 2014 o papa Francisco nomeouno Cardeal-Patrón da Soberana Orde Militar de Malta.

Obra

Obras colectivas

Premios e distincións Foi distinguido como Comendador con Placa da Orde Ecuestre do Santo Sepulcro o 12 de marzo de 1997. Foi tamén nomeado doutor honoris causa pola Universidade Ave Maria en 2005 e polo Christendom College en 2007.

O 4 de outubro de 2000 recibiu o premio Role of Law Adward da Canon Law Society of America.

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Richland Center, Wisconsin Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Cardeais dos Estados Unidos de América Categoría:Cardeais creados por Bieito XVI Categoría:Alumnos da Universidade Católica de América Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de literatura relixiosa Categoría:Membros da Congregación para o Clero Categoría:Membros da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos