miniatura|280px|Vista esquemática do Acueduto de les Ferreres. O Acueduto de les Ferreres (en catalán: Aqüeducte de les Ferreres), en ocasións denominado tamén de Pont del Diable (Ponte do Diaño), é unha arcada romana que forma parte do acueduto que fernecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco (Tarragona), dende unha distancia de 25 quilómetros. A arcada está situada nos arredores da cidade de Tarragona, (Cataluña, España) que foi designada «Patrimonio da Humanidade» pola Unesco, grazas a que é un dos monumentos da época romana que se conservan en extraordinario bo estado.
Historia O acueduto foi construído no século I a.C. por Augusto e fornecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco, capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis que abarcaba, na súa época de máximo esplendor, dúas terceiras partes da Península Ibérica (incluíndo nalgunhas épocas á Gallaecia). Utilizouse até ben entrado o século XVIII.
Características Situado a 4 quilómetros ao norte da cidade. Mide 217 metros de longo e 27 metros de altura máxima. Ten dous niveis con arcos superpostos e construído en obra de perpiaños unidos en seco. Distan 40 centímetros de desnivel desde a súa parte norte á parte sur, o que facilitaba o discorrer da auga até a vila.
Véxase tamén Outros artigos Conxunto arqueolóxico de Tarraco Circo romano de Tarraco Anfiteatro de Tarraco Arco de Berà Muralla de Tarragona Torre dos Escipións Teatro romano de Tarraco Foro romano de Tarraco Cemiterio paleocristián de Tarragona Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas
Páxina web do Concello de Tarragona Tarragona - Información histórica e cultural de Tarraco, capital da Hispania Citerior na época de dominación Romana
Categoría:Conxunto arqueolóxico de Tarraco Categoría:Patrimonio da Humanidade en Cataluña Categoría:Acuedutos romanos