Luigi Padovese, nado en Milán (Italia) o 31 de marzo de 1947 e asasinado o 3 de xuño de 2010 en Turquía, foi un bispo católico italiano e relixioso capuchino.
Traxectoria Luigi Padovese naceu en Milán o 31 de marzo de 1947. Entrou nos capuchinos da provincia da Lombardía en 1964, facendo os votos temporais o 4 de outubro de 1965 e os perpetuos o 4 de outubro de 1968. Foi ordenado sacerdote da Orde dos Freires Menores Capuchinos o 16 de xuño de 1973.
Diplomouse en Teoloxía na Pontificia Universidade Antoniana, e posteriormente licenciouse en 1975 pola Pontificia Universidade Gregoriana, especializándose en Patrística e Historia da teoloxía. Posteriormente foi profesor no estudo teolóxico dos capuchinos en Milán, e a partir de 1979 no Pontificio Instituto para as Misións Estranxeiras. En 1995 pasou a ser profesor ordinario da Antoniana.
O 11 de outubro de 2004 foi nomeado vigairo apostólico de Anatolia e bispo titular de Monteverde. Recibiu a ordenación episcopal o 7 de novembro, de mans do arcebispo Edmond Y. Farhat, nuncio en Turquía.
Foi asasinado o 3 de xuño de 2010.
Obra
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Milán Categoría:Finados en 2010 Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Capuchinos de Italia Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Antoniana Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Profesores da Pontificia Universidade Antoniana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Bispos católicos do século XXI