Mar foi unha revista editada en Pontevedra en 1942.

Historia e características Ediciones Céltiga de Pontevedra publicou en 1942 un número monográfico coa cabeceira Publicación dedicada al Mar. Emilio Canda Pérez ocupábase da dirección literaria e entre os seus colaboradores figuraron Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Wenceslao Fernández Flórez, Juan Novás, Antonio Magariños e A. Caamaño Bournacell. As ilustracións son de Ramón Peña, Portela, Torres e Guisasola.

Véxase tamén Ligazóns externas Nao Céltiga I

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra

Categoría:1942 en Galicia