A víbora fociñudaConde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.Nome vulgar galego da especie en Vocabulario forestal, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 (Vipera latasti ou Vipera latastei) é unha especie de víbora presente na Península Ibérica e no norte do Magreb. Pode acadar os 70 cm de lonxitude.Bruna Azara, C. 1995. Animales venenosos. Vertebrados terrestres venenosos peligrosos para el ser humano en España. Bol. SEA, 11: 32-40 É a víbora máis frecuente na Península Ibérica, abarcando todo o territorio agás o extremo norte e os Pireneos. É rara en Galicia, sendo substituída pola víbora de Seoane.
É a que conta coa pezoña menos tóxica das tres especies presentes na Península Ibérica, e aínda que a súa chantada non é mortal, cómpre de asistencia sanitaria para un tratamento axeitado, e se fose realmente necesaria, a aplicación dun soro antipezoñoso ou antiofídico.
Nomenclatura thumb|200px|Pequena víbora fociñuda na Serra de Mijas Existe certa confusión sobre o nome científico desta especie.Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles Boscá (1878)Boscá, E. 1878. Note sur une forme nouvelle ou peu connue de Vipère. Bull. Soc. Zool. France, 3: 116-121. lám. 4. describiuna coma Vipera latasti, aínda que no pé da figura do seu traballo denomínaa Vipera latastei. O ano a seguir o propio Boscá (1879),Boscá, E. 1879. Las víboras de España. Ann. Soc. Esp. Hist. Nat., 8: 65-86. utilizou a combinación Vipera latastei, o que foi considerado unha emenda xustificada (McDiarmid et al., 1999).McDiarmid, R. W., Campbell, J. A., Touré, T. A. 1999. Snake species of the world. A taxonomic and geographic reference. Volume 1. The Herpetologists’ League, Washington DC. Pola súa banda David e Ineich (1999)David, P., Ineich, I. 1999. Les serpents venimeux du monde: systematique et répartition. Dumerilia, 3: 3-499. consideran que son os primeiros revisores e elixen V. latastei. Porén, Alonso-Zarazaga (1998)Alonso-Zarazaga, M. A. 1998. Apéndice 1. Nomenclatura: lista de sinónimos y combinaciones. Pp. 645-685. En: Salvador, A. (Coord.). Reptiles. En: Ramos, M. A. et al. (Eds.). Fauna ibérica. Vol. 10. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. e Montori et al. (2005)Montori, A. et al. (2005). Lista patrón actualizada de la herpetofauna española. Conclusiones de nomenclatura y taxonomía para las especies de anfibios y reptiles de España. Asociación Herpetológica Española, Barcelona. consideran que o uso de V. latastei por Boscá en 1879 é un lapso e que debería utilizarse V. latasti, nome que ten sido utilizado por varios autores.
Subespecies Conta con dúas subespecies: Vipera latasti latasti ou Vipera latastei latastei, (Boscá, 1878). Vipera latastei gaditana ou Vipera latastei gaditana, Saint Girons, 1977.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de réptiles de Galicia Ligazóns externas Imaxes de víbora fociñuda en Biodiversidad Virtual
Categoría:Vipera Categoría:Réptiles de Galicia Categoría:Animais descritos en 1878