El Barcalés foi un periódico aparecido no Seilán (A Baña) entre 1911 e 1912.
Características Subtitulado Órgano de la Liga Barcalesa. Defensor de los intereses de Barcala, apareceu en xaneiro de 1911. De periodicidade mensual, publicábase os últimos días de cada mes e constaba de catro páxinas. Órgano da sociedade de agricultores vincualada ao Partido Conservador, mantivo enfrontamentos con La Federación de Negreira y Baña. Estaba dirixido por Víctor García Ferreiro e entre os seus colaboradores figuraron Salvador Cabeza de León, Alfredo Vicente, José Varela de Limia, César Baña Rey, Manuel Campos Ponte e Eloy Páramo. Os contidos cinguíanse á emigración, ao momento político e ás actividades internas da liga. Publicou algúns artigos de opinión en galego. O 15 de marzo de 1912 publicou a primeira parte do Catecismo do labrego de Lamas Carvajal. O último número coñecido é o 17, aparecido o 31 de maio de 1912.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da provincia da Coruña Categoría:A Baña Categoría:1911 en Galicia Categoría:Prensa agraria