miniatura|Territorio que reclama o nacionalismo castelán e considera que é a súa territorialidade Castela Unida ou Gran Castela (en ) son termos utilizados polo nacionalismo castelán, con xustificación nos representantes provinciais do Partido Republicano Federal asinantes do Pacto Federal Castelán de 1869, correspondentes a 17 provincias españolas: isto é, as provincias de Albacete, Ávila, Burgos, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, León, Logroño (no presente, A Rioxa), Madrid (no presente, a Comunidade de Madrid), Palencia, Salamanca, Santander (no presente Cantabria), Segovia, Soria, Toledo, Valladolid e Zamora.
Con eles apélase ao desexo da unificación das actuais comunidades autónomas castelás (Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Castela e León, A Rioxa e Cantabria) nun único ente administrativo (reclamada polos nacionalistas casteláns como a súa patria nacional, e que consideran erradamente dividida) baixo o título de Nacionalidade Histórica, tendo Madrid como a súa capital.
Dentro desta proposta, existen dúas correntes diferenciadas:
- A corrente rexionalista, que reclama unha Gran Castela dentro do actual marco autonómico español e mantendo o título de rexionalidade.
- A vía nacionalista, que reclama un estado federal onde se contemple unha Gran Castela como nación diferenciada dentro dunha España plural e democrática. Dentro deste movemento adóitase facer referencia a unha "reconstrución da patria" reclamando enclaves historicamente pertencentes a Castela e, actualmente, noutras Comunidades autónomas como é o caso da bisbarra de Requena-Utiel na provincia de Valencia entre outros.
Recentemente desenvolvéronse movementos nacionalistas étnicos e identitarios de corte castelanista, se ben, estes son moi marxinais e sen un líder común.
Notas
Categoría:Nacionalismo castelán