miniatura|dereita|250px|Kibbutz Kfar Masaryk en febreiro de 2008.

Un kibbutz (do hebreo קיבוץ, que significa "asemblea" ou "xuntos") é unha comunidade ou vila colectivista de Israel baseada tradicionalmente na agricultura. O primeiro kibbutz, Degania Alef, foi creado en 1909."Adult children of the dream", The Jerusalem Post Hoxe en día, o traballo agrícola foi parcialmente substituído por sectores como fábricas industriais e empresas de tecnoloxía.Peres, Judy. In 50 years, kibbutz movement has undergone many changes. Chicago Tribune, 9 de maio de 1998. Os kibbutz comezaron sendo comunidades utópicas baseadas nunha combinación do socialismo e o sionismo. En décadas recentes, algúns kibbutz foron privatizados e o modo de vida comunal mudou. Un membro dun kibbutz denomínase kibbutznik en hebreo.

En 2010 había 270 kibbutzs en Israel, o 9 % da rede industrial do país e o 40 % da súa produción agrícola. No conxunto da economía supuñan o 6 % do PIB de Israel en 2010.Kibbutz reinvents itself after 100 years of history

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do Movemento Kibbutz

Categoría:Israel