A alfa-catenina é unha proteína que se cre funciona como unha proteína de enlace entre as cadherinas e os microfilamentos de actina do citoesqueleto. É un dos catro tipos de cateninas que se coñecen (alfa, beta, gamma, delta). A proteína que se une á actina vinculina e a alfa-actinina poden unirse á alfa-catenina. Porén, polo momento non se puido illar un complexo que incluíse a cadherina, a actina, a beta-catenina e a alfa-catenina. Suxeriuse que a alfa-catenina non se une con grande afinidade ao mesmo tempo aos filamentos de actina e ao complexo E-cadherina-beta-catenina. Observouse que cando a alfa-catenina non está en complexo molecular coa beta-catenina, dimerízase e funciona regulando a ensamblaxe dos filamentos de actina, posiblemente ao competir coa proteína Arp2/3.
A secuencia de aminoácidos da alfa-catenina ten unha semellanza de secuencia coa da vinculina.
Tipos Hai tres xenes humanos de alfa-cateninas: alfa-1-catenina (tamén chamada alfa-E-catenina) alfa-2-catenina (tamén chamada alfa-N-catenina) alfa-3-catenina (tamén chamada alfa-T-catenina)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catenina Familia da vinculina
Ligazóns externas
Categoría:Proteínas Categoría:Citoesqueleto