A herba gateiraNomenclatura vernácula da flora vascular galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1991., (Nepeta cataria) é unha planta natural de Europa que medra en terreos ermos, noiro, sebes, terrapléns e en ruínas de casas vellas. Tamén medra brava en Asia occidental e América do Norte. O nome do seu xénero Nepeta provén do latín nepa que significa "escorpión", dada a antiga crenza de que esta planta sandaba a pezoña dos escorpións.

Descrición É unha planta perenne con talo agrisado, viluda e ramificada que acada 20–60 cm de altura. Ten follas opostas, pecioladas, cordadas, con bordos dentados e peludas polo envés. As flores, numerosas, son de cor amarelenta e rosada manchadas de púrpura, agrupándose nunha espiga laxa pedunculada. A planta bota un forte cheiro a menta que atrae os gatos (de aí o seu nome común).

Efecto nos gatos miniatura|Un gato a amosar os efectos da gateira. Aos gatos fáiselles irresistíbel esta planta. Comen as súas flores, cheiran, mastigan e fréganse nas súas follas volvendo unha e outra vez por unha dose do seu embriagador recendo. Os óleos aromáticos fan que os gatos despois de inxerila fagan nun principio brindeiras, mais a medida que aumentan os efectos do aceite, o seu comportamento faise máis estraño. Comezan a rodar sobre si mesmos coma se estivesen en éxtase, cazan ratos imaxinarios etc.

Non todos os gatos se estimulan no mesmo grao, e un terzo deles non responderá. Esta diferenza de resposta seica é debido a factores medioambientais, xenéticos, e o sexo do gato (atrae especialmente as femias, mais tamén os machos e machos castrados). Aínda non se coñece o risco xenético que produce esa atracción. O ingrediente activo da herba gateira é a nepetalactona, substancia quimicamente relacionada cun composto semellante que se atopa non seus ouriños.

Propiedades Estimula a súa e é carminativo, utilizándose como diaforética en caso de febres altas. Útil contra a tose, a bronquite crónica, arrefriados e gripe. Regulariza a menstruación alterada.

A infusión e decocción de follas e flores úsase oralmente para o tratamento de afeccións gastrointestinais (cólico, diarrea, flatulencia, indixestión),(Krochmal A. Krochmal C.), 1973. Páx. 157.(Schaunberg P. Paris F.), 1972. Páx. 294.(Foster S. Duke JA.), 1990. Páx. 70. nerviosas (histeria, insomnio, nerviosidade, neuralxia, neurastenia, pesadelos)(Cecchini T.), 1978. Páx. 232. e respiratorias (bronquite, catarreiras, influenza, arrefriado, tuberculose),(Ody P.), 1993. Páx. 134.(Lewis WH. Elvin-Lewis MPF.), 1977. Páx. 307. amenorrea,(Potterton D.), 1983. Culpeper's Color Herbal. Páx. 39. anemia, fraqueza, dor de testa, escarlatina, febre, hidropisía,(Duke JA.), 1985. Handbook of Medicinal Herbs. Páx. 325. e cancro.(Hartwell JL.), 1982. Páx.268.

O zume de follas úsase para baixar a menstruación. En ungüento úsase para hemorroides. As follas mastigadas úsanse para calmar a dor de moas. Fumadas para afeccións respiratorias e inducir estados levemente hipnóticos.(Emboden W.), 1979. Narcotics Plants. Páx. 6. En enema para as convulsións, dispepsia, disuria, histeria, e cólico infantil. O emplasto das follas úsase para suavizar calos e tratar diversas formas de cancro.

Atribúeselle propiedade afrodisíaca, recendente, carminativa, diaforética, dixestiva, emenagoga, espasmolítica, estimulante, estomáquica, pectoral, refrixerante, sedante, soporífera, sudorífera e tónica.

Sinonimia Cataria vulgaris Gaterau, Descr. Pl. Montauban: 105 (1789). Glechoma cataria (L.) Kuntze, Revis. Gen. Pl. 2: 518 (1891). Nepeta minor Mill., Gard. Dict. ed. 8: 2 (1768). Nepeta vulgaris Lam., Fl. Franç. 2: 398 (1779). Cataria tomentosa Gilib., Fl. Lit. Inch. 1: 78 (1782), opus utique oppr. Nepeta americana Vitman, Summa Pl. 3: 419 (1789), nom. illeg. Nepeta tomentosa (Gilib.) Vitman, Summa Pl. 3: 419 (1789). Nepeta mollis Salisb., Prodr. Stirp. Chap. Allerton: 78 (1796). Nepeta macrura Ledeb. ex Spreng., Syst. Veg. 2: 729 (1825). Nepeta citriodora Dumort., Fl. Belg.: 47 (1827). Nepeta ruderalis Boiss., Fl. Orient. 4: 643 (1879), nom. illeg. Glechoma macrura (Ledeb. ex Spreng.) Kuntze, Revis. Gen. Pl. 2: 518 (1891). Calamintha albiflora Vaniot, Bull. Acad. Int. Géogr. Bot. 14: 181 (1904). Nepeta bodinieri Vaniot, Bull. Acad. Int. Géogr. Bot. 14: 172 (1904). Nepeta laurentii Sennen, Bol. Soc. Ibér. Ci. Nat. 32: 20 (1933 publ. 1934). Nome común Galego: herba do gato (Non confundir coa especie Pulicaria dysenterica), gateira e nébeda (non confundir coa especie Calamintha nepeta)Nomes vulgares galegos en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; a través de Buscatermos da USC.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Jacobs, Betty E.M. Growing & Using Herbs Successfully. Garden Way Publishing. Pownal, Vermont, 1981 (en inglés) Plants. Holoweb, Inc. Edina, MN. (en inglés) Smith, Linda. Catnip. Penmarrie Cornish Rex. 1996-2005. (en inglés) Catnip Repels Mosquitoes More Effectively than DEET, Compte rendu du 222 meeting national de l'American Chemical Society (en inglés).

Categoría:Nepeta Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Taxons descritos por Linné