O Fabal é un lugar da parroquia de Vilasante no concello lugués de Cervantes, na comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2013 tiña 10 habitantes (4 homes e 6 mulleres).
Patrimonio O lugar está situado na cabeceira do val de Cancelada, e conta cun numeroso patrimonio histórico. O castro de Penatallada está na Reboleira dos Señores, e conserva foxos, murallas, cercas, e construcións. No propio castro están os restos da capela de Santa Catalina.
Na aldea está o Pazo do Fabal, casa patrucial dos señores do Fabal, construído no século XV e con capela-panteón construída en 1726 baixo a advocación de san Bartolameu, nome do fundador do morgado. Nela xacen antepasados da familia e aínda segue a ser hoxe panteón da familia. Entre os personaxes ilustres desta casa destaca José Quiroga Méndez.
Lugares e parroquias Lugares de Vilasante
Parroquias de Cervantes
Categoría:Lugares de Cervantes