miniatura|dereita|A clivaxe do PIP2 a IP3 e DAG inicia a liberación de calcio intracelular e a activación da PKC.

O fosfatidilinositol 4,5-bisfosfato (PtdIns(4,5)P2 ou PI(4,5)P2) é un fosfolípido que é un compoñente menor das membranas celulares. Ás veces chámaselle simplemente PIP2, aínda que non é o único fosfatidilinositol bisfosfato que hai. O PtdIns(4,5)P2 está enriquecido na membrana plasmática onde é o substrato para varias importantes proteínas sinalizadoras.

O PtdIns(4,5)P2 fórmase principalmente pola acción das fosfatidilinositol 4 fosfato 5 quinases de tipo I a partir do fosfatidilinositol 4-fosfato (PI(4)P).

Os ácidos graxos do PtdIns(4,5)P2 son variables en diferentes especies e tecidos, pero os estudos realizados mostran que os ácidos graxos máis comúns son o esteárico en posición 1 e o araquidónico na 2.

Funcións

Vía IP3/DAG O PtdIns(4,5)P2 funciona como un intermediario na vía IP3/DAG, que se inicia pola unión de ligandos a receptores acoplados á proteína G que activan a subunidade Gq alfa. O PtdIns(4,5)P2 é un substrato que é hidrolizado pola fosfolipase C (PLC), que é un encima unido a membranas activado por medio de receptores proteicos como os receptores adrenérxicos α1. O PtdIns(4,5)P2 regula o funcionamento de moitas proteínas de membrana e de canles iónicas, como o canle M. Os produtos da catálise da PLC sobre o PtdIns(4,5)P2 son o inositol 1,4,5-trisfosfato (InsP3; IP3) e o diacilglicerol (DAG), que funcionan ambos como segundos mensaxeiros. Nesta fervenza, o DAG permanece na membrana plasmática e activa a fervenza sinalizadora ao activar a proteína quinase C (PKC). A PKC á súa vez activa outras proteínas citosólicas ao fosforilalas. O efecto da PKC pode ser revertido por fosfatases. O IP3 entra no citoplasma e activa os receptores IP3 do retículo endoplasmático liso (REL), que abren canles de calcio no REL, e mobilizan o Ca2+ cara ao citosol. O calcio participa na fervenza activando outras proteínas.

Fosfolípidos de atraque As PI 3-quinases de clase I fosforilan o PtdIns(4,5)P2 formando o fosfatidilinositol (3,4,5)-trisfosfato (PtdIns(3,4,5)P3). Tanto a PtdIns(3,4,5)P3 coma a PtdIns(4,5)P2 non só actúan como substratos para encimas senón que serven como fosfolípidos de atraque que se unen a dominios específicos que promoven o recrutamento de proteínas na membrana plasmática e a subseguinte activación de fervenzas de sinalización.

Exemplos de proteínas activadas por PtdIns(3,4,5)P3 son AKT, PDPK1, Btk1. Un mecanismo para o efecto directo do PtdIns(4,5)P2 é a apertura de canles de Na+ como unha función menor na liberación da hormona do crecemento pola hormona liberadora da hormona do crecemento.GeneGlobe -> GHRH Signaling Retrieved on May 31, 2009

Canles de potasio As canles de potasio rectificantes entrantes requiren o atraque de PtdIns(4,5)P2 para a actividade desta canle de potasio.

Regulación O PtdIns(4,5)Pasub>2</sub> (ou PIP2) é regulado por medio de diferentes compoñentes. Unha hipótese emerxente é que a concentración de PIP2 é mantida localmente. Algúns dos factores implicados na regulación de PIP2 son: Lípido quinases, lípido fosfatases Proteínas de transferencia de lípidos Factores de crecemento, pequenas GTPases Adhesión celular Interacción célula-célula Cambios no volume celular Estado de diferenciación celular Estrés celular.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fosfoinosítidos Fosfatidilinositol bisfosfato Fosfatidilinositol (3,4)-bisfosfato Fosfatidilinositol (3,5)-bisfosfato

Categoría:Fosfolípidos