Fosfatidilinositol bisfosfato ou PIP2 é un termo xeral co que se fai referencia aos produtos obtidos pola clivaxe de PIP3, ou pola fosforilación de PI(3)P, PI(4)P ou PI(5)P.
O termo "PIP2" é utilizado con maior frecuencia para referirse ao seguinte composto:
Fosfatidilinositol 4,5-bisfosfato, tamén coñecido como PI(4,5)P2 ou PtdIns(4,5)P2.
Non obstante, hai outros lípidos PIP2 como son:
Fosfatidilinositol 3,4-bisfosfato, tamén chamado PI(3,4)P2 ou PtdIns(3,4)P2. Fosfatidilinositol 3,5-bisfosfato, tamén chamado PI(3,5)P2 ou PtdIns(3,5)P2.
Notas
Categoría:Fosfolípidos