Luís Rafael I Saku«Saku» é a transliteración do seu apelido, tanto en árabe (ساكو, Sakw) como en siríaco (ܣܟܘ, Sakw). Tamén escrito Louis Raphaël Sako. (en , Lwys Rwpʾyl qdmyʾ Skw; en ), nado como Luis Saku en Zaxo (hoxe no Kurdistán, Iraq) o 4 de xullo de 1948, é o 113º Patriarca de Babilonia da Igrexa Católica Caldea e arcebispo de Bagdad dende o 31 de xaneiro de 2013. Traxectoria Luis Saku naceu en Zaxo, unha cidade do Kurdistán iraquí, o 4 de xullo de 1948. A súa familia trasladouse a Mosul, onde comezou os seus estudos.
O 1 de xuño de 1974 foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Mosul, e traballou na catedral até 1979, cando foi enviado a estudar a Roma, onde doutorouse en Patroloxía oriental no Pontificio Instituto Oriental. Continuou os seus estudos na Universidade de París-Sorbona, doutorándose en Historia.
O 24 de outubro de 2002 foi elixido arcebispo de Kerkûk polo Sínodo dos Bispos da Igrexa Caldea. Recibiu a ordenación episcopal o 14 de novembro de 2003, de mans do emérito André Sana.
O 31 de xaneiro de 2013 foi elixido Patriarca de Babilonia da Igrexa Católica Caldea. O 1 de febreiro o papa Bieito XVI concedeulle a comuñón eclesiástica.
O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco recoñeceuno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.
Obra
Notas
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Zaxo Categoría:Patriarcas de Babilonia Categoría:Bispos católicos de Iraq Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Oriental Categoría:Alumnos da Universidade de París-Sorbona Categoría:Escritores de Iraq Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Escritores de literatura relixiosa Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais