Demóstenes (en grego, Δημοσθένης: Dēmosthénēs), nado en Atenas no ano -384 e finado en Calauria no ano -322, foi un dos oradores máis relevantes da historia e un importante político ateniense.
Os seus dotes de oratoria constitúen a última expresión significativa das proezas intelectuais atenienses, e permiten o acceso aos detalles da política e a cultura da Antiga Grecia durante o século -IV. Demóstenes aprendeu retórica mediante o estudo dos discursos de oradores anteriores. Pronunciou os seus primeiros discursos xudiciais aos vinte anos de idade, cando reclamou aos seus titores que lle entregasen a totalidade da súa herdanza. Durante un tempo, Demóstenes gañou a vida como escritor profesional de discursos xudiciais e como avogado, redactando textos para o seu uso en preitos entre particulares.
Demóstenes interesouse pola política durante esa época, e foi no -354 cando deu os seus primeiros discursos políticos en público. Dedicou os seus anos de plenitude física e intelectual a opoñerse á expansión do reino de Macedonia. Idealizaba a súa cidade e loitaba por restaurar a supremacía ateniense e motivar os seus compatriotas para se opoñer a Filipo II de Macedonia. Buscou preservar a liberdade de Atenas e establecer unha alianza contra Macedonia nun intento sen éxito de impedir os plans de Filipo de expandir a súa influencia cara ao sur, conquistando as cidades-estado gregas. Dous anos antes da morte de Filipo, Demóstenes tivo un papel capital no levantamento de Atenas e Tebas contra o rei macedonio e o seu fillo, Alexandre III, na batalla de Queronea, aínda que os seus esforzos non tiveron éxito cando a revolta atopou cunha enérxica reacción macedonia. Máis aínda: para previr unha revolta similar contra o seu propio líder, o sucesor de Alexandre, o diádoco Antípatro, enviou os seus homes para que acabasen con Demóstenes. Demóstenes, con todo, suicidouse co fin de evitar caer nas mans de Arquias, confidente de Antípatro.
O chamado Canon Alexandrino, compilado por Aristófanes de Bizancio e Aristarco de Samotracia, recoñece a Demóstenes como un dos 10 maiores logógrafos e oradores áticos. Segundo Lonxino, Demóstenes "perfeccionou ao máximo o ton do discurso idealista, pasional, abundante, preparado, rápido".Longino, Do sublime, 34.4
Cicerón aclamouno como "o orador perfecto" ao que non lle faltaba nada e Quintiliano loouno, dirixíndose a el como "lex orandi" ("a norma da oratoria") e dicindo del que "inter omnes unus excellat" ("de entre todos, sobresae un").Cicero, Brutus, 35Quintilliano, Institutiones, X, 1, 6 and 76 Traxectoria
Primeiros anos
Familia, educación e vida persoal
Familia e educación Demóstenes naceu no ano -384, durante o último ano da 98.ª Olimpíada ou o primeiro da 99ªH. Weil, Biography of Demosthenes, 5–6. Seu pai, do mesmo nome, pertencía á tribo (phyle) pandionisia e vivía no Demo de Peania,Esquines, Contra Ctesifonte, 171 nos arredores de Atenas. Pertencía a unha rica familia mercantil, ou que lle valeu o desprezo das vellas familias aristocráticas. Seu pai, Demóstenes de Peania, posuía unha fábrica de armasH. T. Peck, Harpers Dictionary of Classical Antiquities.
Esquines, o maior rival político de Demóstenes, mantería máis tarde que a súa nai, Cleóbula, era de orixe escitaEsquines, Contra Ctesifonte, 172, aínda que algúns estudosos modernos poñen en dúbida esta afirmaciónSegundo Edward Cohen, profesor de Clásicas na Universidade de Pensilvania, Cleobule era filla dunha muller escitia e dun pai ateniense, Xilón, aínda que algúns autores insisten na pureza xenealóxica de Demóstenes. Existe acordo entre os historiadores en que Cleobule era de Crimea, e non cidadá ateniense, á que Xilón coñecería tras ser exiliado ao final da Guerra do Peloponeso supostamente por traizón. Segundo Esquines, Xilón recibiría como agasallo do reino do Bósforo un lugar chamado "os xardíns" na colonia de Kepoi, aínda que se discute a veracidade destas afirmacións, dado que hai un lapso temporal de setenta anos entre a posíbel traizón de Xilón e o discurso de Esquines, polo que o orador podería estar aproveitándose do feito de que a audiencia non tería un coñecemento directo dos feitos acontecidos..
Aos sete anos Demóstenes quedou orfo. O seu pai deixoulle unha fortuna en fideicomiso, quedando ao coidado dos seus tíos, Afobo e Demofón, así como dun tal Terípido. Os seus titores dilapidaron a súa fortunaO. Thomsen, The Looting of the Estate of the Elder Demosthenes, 61, xa sexa por erro de xestión ou por mala intención, quedando o mozo Demóstenes en extrema pobreza.
Axiña que Demóstenes alcanzou a maioría de idade, esixiu unha auditoría de contas da xestión realizada polos seus titores. Segundo Demóstenes, a revisión das contas demostraba a apropiación indebida do seu patrimonio. Aínda que o seu pai lle deixou un patrimonio de case catorce talentosDemóstenes, Contra Afobos 1, 4, que equivalerían de forma aproximada a uns 400.000 dólares estadounidenses de 2008. Demóstenes dixo no xuízo que os seus titores non lle deixaron nada agás a casa, catorce escravos e trinta minas de prata (30 minas equivalían a medio talento)Demóstenes, Contra Afobos 1, 6.
Aos 20 anos, Demóstenes demandou aos seus titores, intentando recuperar o seu patrimonio. Durante os xuízos pronunciou cinco discursos: tres Contra Afobos, entre o -363 e o -362, e dous Contra Ontenor entre o -362 e o -361. O tribunal fixou os danos e perdas sufridos por Demóstenes en dez talentos (285.000 dólares estadounidenses de 2008)Demóstenes, Contra Afobos 3, 59. Cando finalizaron todos os preitos, Demóstenes só logrou recuperar unha porción de toda a súa herdanzaSegundo afirma Tsatsos, os xuízos contra os titores duraron ata que Demóstenes chegou á idade de 24 anos. Nietzsche reduce o tempo dos xuízos a uns cinco anos..
Entre o -366, data na que alcanzou a maioría de idade, e o -364, Demóstenes e os seus extitores buscaron arduamente unha saída negociada ao conflito, aínda que non conseguiron chegar a un arranxo porque ningunha das dúas partes estaba disposta a facer concesións. Ao mesmo tempo, Demóstenes preparouse para os xuízos mediante o adestramento das súas habilidades oratorias.
Aos 16 anos Demóstenes asistira a un proceso de Calístrato de Afidna (-367), quedando sorprendido polo talento do orador. Calístrato estaba entón no momento cúspide da súa carreira e gañou un preito dunha importancia considerábelPlutarco, Demóstenes, 5. Aparentemente, esa experiencia levouno a decidirse por aprender a retórica.
Segundo Friedrich Nietzsche, filólogo e filósofo alemán, e Constantine Paparregopoulus, historiador grego, Demóstenes foi alumno de IsócratesF. Nietzsche, Leccións de Retórica, 233?235K. Paparregopoulus, Ab, 396?398. Segundo Cicerón, Quintiliano e o biógrafo romano Hermipo, foi un alumno de Platón. Luciano, un retórico e satírico romano-sirio, inclúe os filósofos Aristóteles, Teofrasto e Xenócrates entre os seus profesoresLuciano, Demosthenes, An Encomium, 12. Con todo, todas estas afirmacións son hoxe en día postas en dúbidaDe acordo coa Suda, Demóstenes estudou con Eubúlides de Mileto e Platón; Cicerón e Quintiliano comentan que Demóstenes era discípulo de Platón; Tsatsos e Weil cren que non hai indicios de que Demóstenes fose pupilo de Platón ou Isócrates. En canto a Iseo, Jebb afirma que "a escola de Iseo non se menciona en ningunha outra parte nin se recorda o nome de ningún outro alumno seu". Peck opina que Demóstenes continuou estudando con Iseo uns catro anos máis tras adquirir a súa maioría de idade..
De acordo con Plutarco, Demóstenes converteuse en alumno de Iseo, outro orador ático, aínda que nesa época Isócrates tamén daba clases na área, especializándose nos problemas de sucesións. O motivo pode ser ou ben que non puidese pagar os honorarios de Isócrates, ou porque pensaba que o estilo de Iseo encaixaba mellor coa súa forma de ser, máis vigorosa e astuta. Ernst Curtius, un arqueólogo alemán, describía a relación entre alumno e profesor como "unha alianza armada intelectual"R. C. Jebb, The Attic Orators from Antiphon to Isaeos. Tamén se dixo que Demóstenes pagou ao seu profesor unhas 10.000 dracmas (aproximadamente medio talento) baixo a condición de que deixase a escola de retórica que abrira e se dedicase de maneira total ao ensino de Demóstenes. Outra versión afirma que Iseo non cobrou nada a Demóstenes polo ensinoSuda, artigo Isaeus . Con todo, segundo Sir Richard C. Jebb, estudoso británico clásico, "a relación entre Iseo e Demóstenes como profesor e alumno apenas puido ser nin moi íntima nin de moi longa duración". Konstantinos Tsatsos, profesor e académico grego, cre que Iseo axudou a Demóstenes na creación dos seus primeiros discursos xudiciais contra os seus titoresK. Tsatsos, Demóstenes, 83.
Segundo unha biografía de autor descoñecido pero atribuída a Plutarco, que chegou ata os nosos días, Demóstenes casou unha vez. A única información que aparece sobre a súa esposa, da que se descoñece o nome, é que era filla de Heliodoro, un cidadán importantePseudo-Plutarco, Demóstenes, 847c.
Tamén tivo unha filla, "a primeira e única que algunha vez lle chamou pai", segundo Esquines, nun comentario acedoEsquines, Contra Ctesifonte, 77. A súa filla morreu nova, antes de casar, poucos días despois da morte de Filipo . O seu sobriño Demócares foi tamén político e oradorPseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores, 847d..
Acusacións concernentes á súa vida persoal Nos seus discursos, Esquines frecuentemente utilizaba as relacións pederastas de Demóstenes para atacalo. O contido dos ataques non era o feito de que Demóstenes tivese relacións con mozos (algo que naquela época non era raro nin socialmente inaceptábel), senón que o seu comportamento como erastés fora inadecuado, e que a súa forma de actuar non beneficiaba os mozos (como era o esperado) senón que os danaba. No caso de Aristión, un mozo de Platea que viviu durante moito tempo na casa de Demóstenes, Esquines burlábase da súa falta de control sexual e do seu posíbel comportamento efeminado.Esquines, Contra Ctesifonte, 162
No caso de Cnosio, Esquines fai outra acusación de índole sexual, aínda que neste caso acusa a Demóstenes de deitar este coa súa esposa para que a deixase embarazada.Esquines, Na Embaixada, 149
Ateneo, pola súa banda, móstranos outro punto de vista, argumentando que foi a muller a que deitou co mozo nun ataque de celos.Ateneo, Deipnosophistae, XIII, 63*C.A. Cox, Household Interests, 202 miniatura|Demóstenes Esquines tamén acusaba a Demóstenes de conseguir diñeiro a través das súas relacións con mozos adiñeirados. Dicía que enganou a Aristarco, o fillo de Mosco, coa idea de que o podería converter nun grande orador.A.W. Pickard, Demosthenes and the Last Days of Greek Freedom, 15
Aparentemente, estando aínda baixo a tutela de Demóstenes, Aristarco matou e mutilou a un tal Nicodemo de Afidna, arrincándolle os ollos e a lingua. Esquines acusaba a Demóstenes de complicidade no asasinato, utilizando como argumento o feito de que Nicodemo se querelara anteriormente con Demóstenes acusándoo de deserción. Tamén acusaba a Demóstenes de ser tan mal erastés para Aristarco como para non ser digno de recibir tal nome. O seu crime, segundo Esquines, era traizoar o seu erómeno apropiándose do seu patrimonio mentres que pretendía estar namorado do novo (dicíase que se apropiou de tres talentos - 86.000 dólares estadounidenses de 2008 - de Aristarco mentres que este fuxía para o exilio para evitar o xuízo). Por iso, en pagamento pola confianza que Aristarco e a súa familia puxeran nel, e en palabras de Esquines "Entraches nun fogar feliz [...] arruináchelo".Esquines, Sobre a Embaixada, 148-150, 165-166
En calquera caso, a historia das relacións de Demóstenes con Aristarco é máis que dubidosa, e non se coñece pupilo ningún de Demóstenes con ese nome.
Carreira como logógrafo