Il mostro é un filme franco-italiano dirixido por Roberto Benigni e Yves Attal que se estreou en 1994. No seu tempo, foi o filme italiano con maior recadación, só superoado por outro filme de Benigni, La vita è bella.
Sinopse Loris (Roberto Benigni) é un home desempregado que vive nun pequeno departamento propiedade do Señor Roccarotta (Jean-Claude Brialy), o administrador do edificio, quen pretende alugar o apartamento de Loris a persoas que poidan pagalo. Na mesma cidade existe un maníaco sexual que asasina e desmembra mulleres de todo tipo. Unha serie de malentendidos levan a sospeitar á policía que Loris é ese maníaco. Organízase unha misión especial para tratar de atrapalo por medio dunha axente encuberta, Jessica Rossetti (Nicoletta Braschi), quen buscará provocalo sexualmente para poder arrestalo in fraganti.
Personaxes Roberto Benigni como Loris Michel Blanc como Páride Taccone Nicoletta Braschi como Jessica Rossetti Dominique Lavanant como Yolanda, a esposa de Taccone Jean-Claude Brialy como Administrador Roccarotta Laurent Spielvogel como Comisario Frustalupi Ivano Marescotti como Pascucci Franco Mescolini como profesor de chinés Luciana Pieri Palombi como Claudia Vittorio Amandola como Ruggero, vendedor de antigüidades
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes dirixidos por Roberto Benigni Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Filmes de Miramax Films